Eventos
No marco dunha unidade de inglés sobre comida, os estudantes de 3º A PDC participaron nun pequeno "Morning Snack" na cafetería do centro. Trouxeron preparados da casa diversos snacks doces e salgados para degustar. Ademais, representaron pequenos diálogos no papel de camareiros/as e clientes.
Un xeito diferente e delicioso de comezar a mañá.
Parabéns ao alumnado pola súa implicación e entusiasmo nesta actividade!
Xa se pode consultar no centro a listaxe de alumnado admitido para o curso 2024/2025.
O Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar, xunto con outros 11 centros de secundaria da provincia, nunha mobilidade a Helsinki (Finlandia). A docente Ana Ruiz, en representación do noso IES, visitou tres centros educativos. Foi unha intensa e moi enriquecedora visita de tres días na que puidemos intercambiar experiencias co profesorado finlandés, observar distintas clases e falar tamén co alumnado.
Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
Lucas González Díaz, de 2º da ESO B, foi o gañador do concurso deste ano, organizado pola biblioteca escolar. Esta foi a súa obra:
Ahí o allá, o ¿dónde dirigirás mi camino? Andar con deseo. Deseando conseguir anhelos, esperanza. ¿Hay un fin? ¿Superaré todo cuando yo llegue allá?
Parabéns polo traballo e polo premio!
Outra maneira de achegarse á realidade...
«Cuando vives aquí, te olvidas de que solo porque has dejado de hundirte no significa que no estés ya bajo el agua», lemos no relato de Amy Hempel.
Esa é a cita que escolleu Ismael Ramos como antesala da súa na primeira obra narrativa: A parte fácil.
A outra suxestión de lectura: unha escolla de poemas de Lixeiro (Xerais, Vigo, 2021).
ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS
A conversa con Ismael flúe sen pausas, ou, mellor dito, sen perdas de tempo. Contra o reloxo.
Queremos falar, desde o entusiasmo, sobre A parte fácil (Xerais, 2023) / La parte fácil (las afueras, 2023), a súa primeira colección de relatos.
Entre as virtudes de A parte fácil, a inequívoca planificación do libro como un todo (personaxes que, sendo secundarios nunha historia, reclaman os focos na que lles corresponde protagonizar), un abano temático que evita as reiteracións, unha consideración do relato como un lenzo renacentista e a execución poemática do texto, que leva a Ismael a dispor cada unha das súas partes de modo milimétrico no conxunto.
Non hai en A parte fácil personaxes planos.
As historias secundarias que, nunha primeira lectura, parecen obeceder a intención do autor de crear un Macguffin, resultan ser, no remate do conto, non un prescindible instrumento de distracción, senón a xema coa que, o Ismael Ramos orfebre, pecha o engarce da xoia, xa sexa unha cazola cun guiso de lebre ou un inesperado corte pelo.
Esa querencia de Ismael Ramos polo detalle explica a complexidade das historias, que obrigan ao lector a reposicionarse cando contempla a escena no seu conxunto. En Unha trampa para coellos un inxenuo lector, na primeira parte do relato, asiste, incrédulo, ás diversas reaccións de tres fillos ante o falecemento da súa nai. O que semellaba ser unha sátira sobre o desafecto e a ocultación da morte na sociedad contemporánea, remata sendo unha moi lúcida diagnose sobre os terribles efectos da emigración nas relacións parteno-filiais.
O cactus, o bote de melocotóns en almíbar ou a grabación da boda na que aparecemos levando as arras á nosa madriña, testemuñan unha evidencia: «el futuro es un tigre».
A algúns xa lles ten mordido.
A outros, aos que seguen a preguntar quen apañou a botella de tequila, axiña lles morderá.
E si, xa antes das 21 horas tiñamos admitido que Amy Hempel leva razón: parar de afundirse non significa non seguir baixo a auga.
Francisco Rodríguez Coloma [Texto]
&
Ana Tomé [Fotografías]
Os días 2 e 3 de maio, celebráronse no noso IES, como vén sendo habitual dende hai case unha década, os Encontros con maiores de Afundación coa temática da Emigración. Nesta segunda volta, o alumnado de 3º da ESO puxo en común cos catro voluntarios participantes os seus pequenos traballos, froito da investigación na súa contorna sobre esta temática.
A actividade foi un éxito e moi ben valorada tanto polo alumnado como polos voluntarios participantes.
Esperamos seguir realizándoa en vindeiros cursos!
O alumnado de 3º da ESO participa na segunda parte da actividade de Afundación de Abanca: charlas con maiores sobre a inmigración.
Alumnado proxecto competencial de E3 visita o Pazo.
Agradeceriamos saber dicir quen é o autor da ilustración do Museo de Pontevedra.
É perfecta para explicar cal é o pracer que obtén o lector dos poemas de Música reservada!
Por orde cronolóxica
CONVOCATORIA ORDINARIA 2º BAC (Maio 2024)
Último día de clase |
Mércores 8 de maio |
Exames Finais Calendario elaborado dende xefatura de estudos segundo as necesidades do profesorado. |
9, 10, 13 e 14 de maio |
Avaliación Final Ordinaria |
Mércores 15 de maio |
Entrega de Boletíns |
Mércores 15 de maio ás 20h na aula de referencia. |
Publicación de cualificacións en SIXA |
Mércores 15 de maio ás 21h |
Pre-matrícula ABAU |
Xoves 16 e luns 20 de maio (ver quendas na web do centro) |
Revisión de exames co docente | Xoves 16 e martes 21 de maio en horario de clase. De ser noutra hora, previa solicitude. |
Volta ás clases de recuperación e preparación das ABAU |
Martes 21 de maio |
Solicitude de Revisión aos Departamentos no centro ou correo electrónico (ver formularios no apartado dedicado á xefatura de estudos da páxina web do centro) |
Xoves 16 e martes 21 de maio ata as 14h |
Entrega Resolución dos Departamentos á XE |
Mércores 22 de maio ás 13:30h |
Comunicación Resolución dos Departamentos á FAMILIA |
Mércores 22 de maio ás 14h |
Solicitude de Reclamación a Xefatura Territorial no centro ou correo electrónico (ver formularios no apartado dedicado á xefatura de estudos da páxina web do centro) |
Xoves 23 e venres 24 de maio ata as 14h |
Comunicación á XT |
Venres 24 de maio |
Envío do Expediente á Xefatura Territorial |
Luns 27 de maio |
Probas ABAU |
Martes 4, mércores 5 e xoves 6 de xuño |