Escaparates en miniatura

 Os nosos estudantes do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais estiveron a traballar na creación de maquetas de escaparates.

Coa finalidade de darle un enfoque sostible ao proxecto e fomentar a conciencia ambiental e responsabilidade social, na elaboración das maquetas, utilizaron materiais reciclados que combinaron con técnicas de deseño innovadoras, demostrando a súa creatividade e habilidade para traballar con recursos limitados.

Rematadas as maquetas presentáronse nunha exposición dentro das instalacións do instituto. Estes “pequenos escaparates” representan, de xeito atractivo, productos e servizos de diversos sectores, e cada un deles amosa, ademáis, unha pequena historia única.

Noraboa ós alumnos e alumnas polo seu compromiso e dedicación neste proxecto e á profesora polo apoio e orientación durante o proceso de creación.