Animación á lectura

Hora de Lectura 26ª semana (4ª sesión)

26ª SEMANA [4ª SESIÓN] 
Neste mes de maio terá que vir, por fin, a calor e o sol que acostuma a traer con ela a Primavera. Magoa que nas clases non sexa adecuado elexir posturas tan ergonómicas.
A moza do cadro de Sorolla, a que non durme, difícilmente estará a ler a Benjamín Prado, pero tal vez si estes versos fermosos que exaltan a estación da que nos corresponde disfrutar xa.

Reunión do Club de Lectura de Adultos do IES Francisco Aguiar

O 30 de abril, a partir das sete da tarde e tras un mes de xexún, retornamos a Biblos Clube de Lectores para falar de "A Cea" [Clube de lectura de adultos IES Francisco Aguiar]. 

¡ Non veñades merendados !
http://100asparavoar.blogspot.com.es/2014/03/acta-da-primeira-reunion-do-clube-de.html

Chegou aos nosos oídos... 42 Premios Minerva, Icía Rodríguez Arias

 

Chegou aos nosos oídos... , e brincou de led-icía o literario corazón do Aguiar, ao coñecer que este xoves 24 de abril reuniuse o xurado da XLII edición dos Premios Literarios Minerva, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente.

O Xurado acordou outorgar un  accésit a Icía Rodríguez Arias, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo seu traballo “Xadrez”.

¡NORABOA!


 


Tempo de lectura. 25ª semana. 3ª sesión

25ª SEMANA [3ª SESIÓN]

O venres 25 de abril foron otorgados os Premios da Crítica 2013

O premio de poesía en castelán foi para Nueva York después de muerto, de Antonio Hernández. O de narrativa, para Rafael Chirbes, por En la orilla da que propoñemos ler este fragmento do comenzo.

Anxos Sumai gañou o de Narrativa galega por A lúa da colleita. A nosa querida Berta Dávila, o de poesía por Raíz da fenda

Aí queda lendo para nós unha páxina de A arte do fracaso

Fracaso...?

23 de Abril día do Libro

O 23 de abril alumnos e alumnas de todos os cursos  presentaron os seus traballos literarios en forma de minilibros, algúns deles dunha calidade literaria e artística impresionante. O labor dos departamentos de Educación Plástica, Tecnoloxía, Lingua Galega e Lingua Castelá tivo un resultado excele nte.

 


Pero os anda res do instituto tamén se cubriron de imaxes con "ollos de libro".

 


 

23 abril Dia do Libro... porque vivir sen ler é perigoso

Hice un agujero en la arena para enterrar los dos libros; el problema es que ahora tenía que encontrar algo que leer. Vivir sin leer es peligroso, obliga a conformarse con la vida [...].

Michel Houellebecq, Plataforma, Anagrama, Barcelona, 2002.

http://nieblaeterna.blogspot.com.es/2014/04/vivir-sin-leer-michel-houellebecq.html

Encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira

PEDRO SÁNCHEZ NEGREIRA, Verde como el Hielo,   Zaera Silvar, A Coruña, 2013
Ilustracións de Dictinio de Castillo Elejabeytia

 

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá organiza unha actividade que terá lugar  no Salón de Actos do Instituto durante a primeira hora da tarde do martes 22 de abril Nela participará o alumnado de 3º A, B, e C ,  que está a realizar un traballo centrado nos microrrelatos (o cuarto xénero narrativo para Irene Andres-Suárez)  Con este motivo participarán  nun encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira autor de  “Verde como el Hielo” .

 

"Moitos lectores e escritores de prestixio considérano [o xénero do microrrelato] un caixón de sastre para escritores incompetentes. Gosto das formas literarias hiperbreves. Certo é que hai moitas publicacións carentes de interés, de igual xeito que hai moitas novelas de moitas páxinas que non resisten unha lectura crítica. A calidade dos textos de Sánchez Negreira fai innecesaria a súa defensa. ¿Ídesme dicir vós tamén que o tamaño importa?"    Francisco Rodríguez   (Alto Risco)

 

Tempo de Lectura ... 23ª semana... ¡ da Ciencia e a Tecnoloxía !

23ª SEMANA [1ª SESIÓN]
Nesta Semana da Ciencia e a Tecnoloxía toca ler seguindo o exemplo de Madame Curie.
As nosas propostas son un sensorial relato de F. X. Fernández Naval e un fragmento do libro de Rosa Montero La ridícula idea de no volver a verte na que reflexiona sobre o sentido da vida, tendo moi presente a peripecia vital de Madame Curie.

Hora de lectura ( e de envexa) 22ª semana. 6ª sesión

22ª SEMANA [6ª SESIÓN]
Quen dixo envexa? 

Nós simplemente estamos a visualizar o que van facer os nosos viaxeiros alumnos a partir das 13,25 en París: sentarse a ler. Están tan afeitos...!

Por iso aí van as nosas propostas: o parisino capítulo 4 de Rayuela, de Julio Cortázar e uns poemas de Celso Emilio Ferreiro: exploración e morriña.  

Chegou aos nosos oídos... "Luna Turbia", recital de Raquel Vázquez en Biblos

Chegou aos nosos oídos ....unha boa nova relativa a Raquel Vázquez. Raquel foi alumna do "Aguiar", estudou Filoloxía Hispánica e, actualmente, realiza no noso Instituto as prácticas do Master de Educación. 

O vindeiro mércores 26 de marzo ás 20 horas terá lugar na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos,  un recital poético de Raquel no que presentará o seu libro "Luna Turbia" editado o pasado 2013 e co que obtivo o premio Gloria Fuertes de Poesía Joven.

Unha nova ocasión para disfrutar dunha palabra chea de sentidos como a que nos regala Raquel  que xa nos engaiolara cos anteriores poemarios "Por el envés del tiempo"(2011) co que acadou o premio Poeta Juan Calderón Matador, e "Pinacoteca do Sueños Rotos" ( 2012)


NOTA

Mesmo para os de letras non é complicado calcular a frecuencia coa que Raquel  sorprendenos cun novo libro.  ¡ !Sorprendido

Distribuir contido