Educación Plástica e Visual

MEDIACCIÓN: UNHA INTERVENCIÓN DO PROXECTO TERRA

20/06/2023 15:41
Europe/Andorra

 

Posan nesta fotografía as rapazas e rapaces que constitúen o Equipo de MediAcción do noso centro.

Para embelecer este seu espazo contaron coa axuda dos alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º de ESO que plasmaron na parede, coa supervisión de X.M Rey Bao, a primaveral proposta da súa compañeira Noelia Yáñez Gómez, artista interdisciplinar á que temos que felicitar tamén por outro logro, este musical: ven de ser seleccionada para formar parte da Orquesta infantil da Sinfónica de Galicia.

"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 15

 

 

 O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar publicou, un ano máis (e van 15!), a súa revista de banda deseñada, Ban-De, que ten como eixe temático o Parque enciclopédico do Pasatempo.

(Podedes acceder á revista picando no enlace)

 

 

 

Saída didáctica á Coruña, de 1º de ESO

02/06/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 1º de ESO B e C visita hoxe a Casa Museo de Pablo Picasso. Además, realizan un percorrido sobre Isabel Zendal.

Saída didáctica á Coruña, para 1º de ESO

24/05/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 1º de ESO A e D visita hoxe a Casa Museo de Pablo Picasso. Además, realizan un percorrido sobre Isabel Zendal.

Prácticas fotográficas 3º ESO (4)

25/05/2023
Etc/GMT+2

O día 25 de maio o grupo de 3ºD sae do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

Prácticas fotográficas 3º ESO (3)

24/05/2023
Etc/GMT+2

O día 24 de maio o grupo de 3ºC sae do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

Prácticas fotográficas 3º ESO (2)

23/05/2023
Etc/GMT+2

O día 23 de maio os grupos de 3ºA e 3º E saen do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

Práctica Fotográfica 3º ESO

29/05/2023
Etc/GMT+2

O día 29 de maio o grupo de 3ºB sae do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

ESPAZOS BALEIROS. FOTOGRAFÍA EN CURSO. 3º ESO. XM REY BAO

26/04/2023 20:16
Europe/Andorra

 

Celia Sánchez Fernandez

 


ESPAZO E LUZ

   A terceira entrada do dicionario para a palabra “baleiro” refírese precisamente a “Espazo baleiro”, e di: Espazo baleiro, que non está ocupado, especialmente por aquilo que está destinado a conter. A definición indica que un espazo baleiro caracterízase por estar baleiro de algo, é dicir, por unha ausencia.

   As fotografías de espazos baleiros non teñen como única característica o feito de que non haxa persoas, figuras ou elementos relevantes, senón que son as eleccións dos fotógrafos as que fan que vexamos un espazo como “baleiro”: o encadre, a distancia e a luz constrúen unha determinada configuración do espazo que fai que sintamos ou non o baleiro. Son precisamente estas eleccións as que tamén fan que as fotografías de espazos baleiros teñan unha gran potencia evocadora e un gran valor fotográfico: hai unha longa tradición fotográfica vinculada aos espazos baleiros: dende os primeiros fotógrafos aos cales a técnica non lles permitía captar as figuras en movemento, ata os fotógrafos contemporáneos que exploraron os “non-lugares” e indagaron no urbanismo, a periferia, as marxes... 

   Podemos pensar en prazas, rúas, cuartos, estradas, esquinas, parques, espazos rurais, lugares públicos (teatros, estacións, cafeterías...). Poden ser espazos abandonados, desocupados, con pegadas de presenza e ausencia, sen a xente ouy os obxectos que os poboaron habitualmente.

   A luz é esencial na fotografía; de feito, a mesma palabra “fotografía” provén da palabra luz: o que a luz debuxa. Pero ás veces, a luz non só está senón que se fai visible. Sexa porque un feixe de luz entra e ocupa o espazo, sexa polo xogo de luces e sombras, sexa porque a súa coloración nunha determinada hora do día tingue dun ton todo o espazo, etc.

   Que supón fotografar a luz nos espazos? De xeito especial, poñer atención á incidencia da luz sobre o mesmo espazo e sobre os seus elementos (sombras, horas do día...). Tamén nos axuda a pensar sobre a propia narratividade do espazo: modificouse ao longo do tempo? É un espazo emblemático? É un espazo que se transforma ao longo das horas do día? É un espazo que xa non ten a utilidade que tiña? Quen se pasea, quen o goza, quen o habita?

Bases do Safari Fotopoético 2023

 

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2023

https://www.facebook.com/biblioteca.franciscoaguiar

 

 

 

 

A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego.

 

Rexerase polas seguintes bases:

 

1.Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex- alumnos e ex-alumnas.

 

2.O safari fotopoético desenvolverase entre o 17 de abril e o 12 de maio do presente ano 2023.

 

3.O venres 12 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.

 

4.As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.

 

5.As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nunha pequena escolma de Francisco Fernández del Riego.

 

6.O texto elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.

 

7.As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (preferiblemente JPEG), nun soporte pendrive na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com

 

8.O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.

 

9.O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, un membro do equipo da Biblioteca, e dous profesores/as dos Departamentos de Lingua Galega e Ed. Plástica.

 

10.Os traballos presentados avaliaranse conforme aos seguintes criterios: 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe

40% pola adaptación do texto á imaxe elixida

20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto (ubicación, tipografía...)

 

FRASES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO QUE PODEN INCLUÍRSE NO FOTOSAFARI

  • Cos ollos do noso esprito.
  • Galicia no espello.
  • Un país e unha cultura.
  • Letras do noso tempo.
  • A pegada das viaxes.
  • Camiño andado.
  • O río do tempo.
  • Desde a miña fiestra.
  • Palabras a eito.
  • Na espera do amigo.
Distribuir contido