Francés

Haikus contra a violencia de xénero

 

HAIKUS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25.XI.2017

Samuel Mountoumnjou: "Afrique contée"

O venres 24 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO que cursa a materia de francés terá a oportunidade de achegarse a esa lingua por medio das narracions tradicionais africanas de Samuel Mountoumnjou. Sertá no Salón de Actos durante as terceira e cuarta horas.

 

 

Crónica final da viaxe cultural a Francia.

 

Hoxe visitamos o parque Disneylans París, un lugar máxico no que divertirse coma nenos pequenos.

Primeiro, saímos ás 10,30 e chegamos alí ás 11,30. Despois, nada máis chegar, as profesoras puxeron un punto de reunión para xuntarnos ao final da xornada e así cada un podía facer o que quixese dentro do parque ata as 22 hs.

Finalmente, ao pasar todo o día divertíndonos no parque, vimos o gran espectáculo final das luces reflexadas no castelo. Un espectáculo inolvidable de imaxes e moitos personaxes de Disney, con fogos artificiais e movementos de auga alucinantes.

Xuntámonos no punto de reunión para terminar o percorrido polo parque e voltar ao hotel, dando prácticamente por finalizada a nosa viaxe. Un día no que voltamos á nosa infancia. 

 

Crónica do 4º día da viaxe a París. Julia Medín

O cuarto día da viaxe do alumnado de 3º e 4º da ESO a París comezou ( ben cedo pola mañá) coa visita ña famosísima Torre Eiffel;deseguido fomos á zona de Montmartre. Entramos na Basilique du Sacre Coeur e xantamos pola zona.

Pola tarde tamén nos desprazamos ata a Praza da Concorde e ao Parque des Tuilleries.

Despois entramos no Musée du Louvre e contemplamos as obras de arte con admiración, rematando así a xornada.

 

 

Julia Medín Crespo, 4º A

3ª crónica da viaxe a París. Nuria Torregrosa

Despois de 20 minutos en autobús, chegamos ao centro de París onde puidemos ver a zona máis xuvenil de París: Le Quartier Latin.

Máis tarde visitamos os xardíns de Luxemburgo onde aproveitamos para descansar da longa camiñata. 

Pasamos polo Eliseo, vivenda do presidente francés.

Chegamos á coñecida catedral de notre Dame e por alí comemos algo.

No barrio da arte moderna non chegaban as miradas para observar as obras de arte urbana.

E rematamos o día coa visita ao Arc de Triomphe.

Logo da longa marcha e as emocións acumuladas foi hora de volver ao hotel, sen forzas para falar sequera.

 

Sen dúbida foi un día moi memorable.

 

Nuria Torregrosa 4º A

 

Viaxe de estudo a Francia. 2ª cronica. Julia Montes e Brais Agilda

Unha xornada inesquecible na que desfrutamos dun matinal paseo polo espazo natural da Duna du Pilat, en Arcachon 

...e como remate,  cruceiro nocturno polo río Sena no popular Bateau Mouche para paliar os efectos dun longo traxecto por estrada e ter un primeiro contacto coa cidade da luz de xeito inesquecible e apaixoante.

Crónica de Julia Montes (3ºC) e Brais Agilda  (4ºB)

1ª Crónica da viaxe a Francia. 2 a 7 de abril de 2017

Este é o comezo dunha nova experiencia. A viaxe a París que nos está levando a coñecer un montón de sitios novos.

Hoxe visitamos a cidade de Burdeos, o seu casco histórico

Se dúbida, o inicio dunha gran viaxe.

Carmen Cartelle, 3º A

 

Viaxes de estudos a París e Londres

Na derradeira semana diste trimestre (1-7 abril, 2017) máis de 100 dos nosos alumnos e alumnas atópanse embarcados en senllas viaxes culturais promocionados polos Departamentos de Francés e Inglés.

O alumnado de 3º da ESO ( cunha pequena representación de 4º) viaxan cara a París cun programa que inclúe polo camiño outras visitas interesantes ( véxase neste enlace o plan de viaxe): Bourdeaux, la duna de Pilat, un percorrido pola historia de Francia en París, Eurodisney.... Guiados e dirixidos polas profesoras Beatriz Vázquez Agilda, Melanie Pintos e Carmen Suárez Moledo.

O alumnado de 4º da ESO, acompañado polas profesoras Chus Suárez, Mª José Pereira, Elvira Charlín e Amparo Mejuto, cursan visita á cidade de Londres. Todo un clásico nas viaxes culturais do Aguiar que inclúe: o London Eye, The Globe Theatre, Picadilly, Camden, British Museum, National Gallery e Victoria&Albert, entre outros. 

Agardamos poder dar conta dos pormenores distas viaxes, se os nosos reporteiros cumplen o seu compromiso.

O VENRES 24 DE MARZO , GRAN FINAL DO III CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS

Chegou ao gran día que os golosos e golosas do IES Francisco Aguiar agardamos cada ano.

III Concours de Desserts Français

 

Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso na biblioteca, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha pequena ficha co nome da sobremesa, a rexión da que procede e os ingredientes en francés, así como o nome do(s) concursante(s) na parte posterior. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver á biblioteca só no período do recreo.

 

As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por  membros da nosa comunicade educativa. Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostos, e iranos degustando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: SABOR e PRESENTACIÓN.

 

Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición de sobremesas. 

 

No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán participar na degustación de ditas sobremesas.

 

O luns da vindeira semana  faranse públicos os nomes das 3 sobremesas gañadoras .

 

Distribuir contido