Francés

III CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS. Vendredi 24 mars aura lieu le traditionnel concours des desserts.

III CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS

Vendredi 24 mars aura lieu le traditionnel concours des desserts.

Inscriptions jusqu’au lundi 13 mars inclus.

Voilà les15 desserts en compétition(enlace):

La charlotte, Les gaufres, Les crêpes, Le Paris-Brest, L’éclair, La crème brûlée, Les profiteroles, Le mille-feuille, La tarte tatin, Le clafoutis, Les macarons, La tarte au citron meringuée, Le gâteau au fromage  blanc alsacien, Le coulant, La mousse au chocolate       

 

 À vos fourchettes!

 

 

MECÁNICA DO CONCURSO.

 

1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan receitas pertencentes á gastronomía francófona.

2.- Durante unha sesión de clase traballaranse os aspectos lingüísticos das devanditas receitas. 

3.- Para poder participar no concurso será obrigatorio facer unha preinscrición. Esta terá lugar no departamento de Francés ata o luns 13 de marzo.

4.- Unha vez elixida a receita e traballado o léxico correspondente, os alumnos participantes, de maneira individual ou en parellas, elaborarán na casa o devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.

5.- Esta actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.

6.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.

7.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso na biblioteca, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha pequena ficha co nome da sobremesa, a rexión da que procede e os ingredientes en francés, así como o nome do(s) concursante(s) na parte posterior. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver á biblioteca só no período do recreo.

8.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por  membros da nosa comunicade educativa. Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostos, e iranos degustando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: SABOR e PRESENTACIÓN.

9.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición de sobremesas.

10.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán participar na degustación de ditas sobremesas.

11.- O luns da semana seguinte exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para os que haberá uns premios moi interesantes.

 

OBXECTIVOS.

 

  • Aspectos lexicais: vocabulario referido aos alimentos.
  • Aspectos morfosintácticos: o uso do artigo partitivo e do imperativo.
  • Aspectos socioculturais: familiarizar aos alumnos coa grande variedade e riqueza da cociña francesa en particular, e francófona en xeral.
  • Espertar o interese dos alumnos por unha alimentación sana como fonte de saúde.
  • Ser capaces de comprender unha receita e elaborala.

Affiche ton français

 

"Affiche ton Français" é unha máis das actividades que o Departamento de Francés do noso instituto realiza para promocionar e facer cada vez máis visible e valorada a lingua e cultura francesa. 

Porque se algo quedou claro neste curso, e noutros antes ca este , é que cando un profesor ou profesora ama a materia que imparte, o recibimento or parte do seu alumnado é totalmente diferente. Por todo este ano, grazas Pacucha, grazas Beatriz. 

Francofonía. Charla sobre a emigración con Elías Martínez

Na imaxe D. Elías Martínez con Pablo del Río en datas recentes no IES Francisco Aguiar

 

Como cada ano o Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar promociona o coñecemento da lingua e cultura francesas nunha Semana da Francofonía (isto é, o conxunto de mulleres e homes,  274 millóns de francófonos repartidos polos 5 continentes, que comparten unha lingua común, o francés)

 

Este ano buscou a colaboración co Centro de Maiores de Betanzos  (enlace) solicitando para que algún dos seus  socios colaborase  voluntariamente conosco IES  para  manter conversa en francés  relativa á experiencia da emigración.Este é o caso do encontro que se celebrará o próximo día 20 de abril ás 13.15 horas no IES Francisco Aguiar de Betanzos co que o Departamento de Francés quere festexar un ano máis a Francofonía 

 

Nesta ocasión contarán coa colaboración de D. Elías Martínez Martínez, socio do Centro de Maiores de Betanzos e voluntario do programa "Fálame da emigración", para dar a coñecer aos 80 alumnos de 3.º da ESO as súas vivencias como emigrante en Francia.

Entrega de premios ás gañadoras do Concours de desserts

 

Esta mañá do martes 5 de abril, no despacho do Sr. Director, baixo a atenta mirada do arcebispo Francisco Aguiar e os soberbios Peteiros que o presiden,  tivo lugar a entrega de premios ás gañadoras do Concours de desserts organizado polo Departamento de Francés .

Diplomas e premios en forma de vales para a compra de material escolar.

Pódese mirar o video actualizado da actividade 

Venres 18. ¡CONCOURS DE DESSERTS!


Certamente estamos xa na conta atrás para a fase definitiva co concours de desserts que o Departamento de francés organiza para o venres 18 de marzo. 

No noso Salón de Actos xa locen, coas cores da bandera gala, as tres mesas que terán a honra de servir de soporte para as elaboracións e receitas ( en francés, por suposto)  de sobremesas francesas. Todas elas preparadas polo alumnado de francés ( convenientemente aleccionados polas súas doces Guiño profesoras, Pacucha e Beatriz)

 

Encontro francófono en Xixón. 3 de marzo.

O Departamento de Francés organiza o xoves 3 de marzo un encontro francófono que terá lugar en Xixón

Máis de 80 alumnos e alumnas do noso instituto reuniranse nesta cidade asturiana con alumnos do liceo Laennec de Pont L'Abbé,  localidade da Bretaña francesa irmanada coa cidade de Betanzos.

Durante este encontro realizaranse actividades de descubremento e coñecemento da cidade (tipo yincana) , xogos na praia, intercambio de agasallos, comida en común e, sobre todo, moita comunicación entre os alumnos de ambos centros. 

Este encontro é unha actividade preparatoria que pretende preparar o camiño para un futuro intercambio escolar, que tería lugar o vindeiro curso, entre alumnos de ambos centros. 

Distribuir contido