Grego

Programa Viaxe a Grecia 2019

grecia 19

 

 

 

O departamento de Grego fai público o programa da 'Viaxe a Grecia 2019'  que se levará a cabo do 21 ao 27 de Setembro de 2019.

Charla 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica' a cargo de Mª Teresa Amado Rodriguez

07/06/2019 12:25
Etc/GMT+1
teresa amado O vindeiro curso estrenamos unha nova optativa, 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica', e quén mellor que Mª Teresa Amado para presentala ao alumnado. Charla de dúas horas de duración para os 4º de ESO no salón de actos.

Adrián Vázquez Rodriguez terceiro clasificado no Concurso Parnaso 2019 a nivel nacional

SEECComprácenos compartir convosco esta boa nova. O noso alumno Adrián Agustín Vázquez quedou terceiro clasificado no certame nacional da proba Parnaso acadando a puntuación de 9. Para o seu profesor, Francisco Calaza e para toda a comunidade do 'Aguiar' este feito é motivo dun profundo orgullo. Parabéns 

Reunión informativa Viaxe a Grecia xoves 2 de maio ás 17:00 no Aula de Idiomas

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar

 

reunión viaxe Grecia

Adrián Vázquez Rodriguez gañador do Concurso Parnaso 2019 na Sección de Galicia

A SEECGalicia (Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos ) ven de comunicarnos que o noso alumno , Adrián Agustín Vázquez Rodriguez, foi o ganador do Concurso Parnaso 2019 na Sección de Galicia e pasará, polo tanto, a participar na fase estatal do concurso. Reciban os parabéns o ganador e o seu profesor José Francisco Calaza Fernández.

proba parnaso

 

Participación na V Olimpiada de traducción de textos clásicos

04/04/2019 15:00
Etc/GMT+1

seecgalicia

 

 

Unha selección de alumnos/as de clásicas participará na V Olimpiada de traducción de textos clásicos que se celebrará o xoves 4 de abril Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, acompañados polo profesor de Grego Francisco Calaza.

Ademáis de premios en metálico para os gañadores, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente o mércores 15 de maio de 2019 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

 

 

Charla ' Introducción ao teatro grecolatino'

 

Mª Teresa Amado Rodriguez

O vindeiro venres 15 de febreiro, a 5ª hora,  os departamentos de Latín e Grego organizan unha charla a cargo de Mª Teresa Amado Rodriguez, profesora de filología griega en la USC.

Asistirán os/as alumnos/as que cursan as materias de Latín, Grego ou Literatura Universal de 1º de Bacharelato.

Viaxe a Grecia 2018

grecia 18

Hoxe 21 alumnos/as de 2º de Bacharelato comezan unha Viaxe cultural a Grecia acompañados e guiados polo incansable José Antonio Varela García.

Boa viaxe. Desfrutade dunha experiencia que de seguro será irrepetible.

 

 

Platón, Xenofonte, Eutropio, Fedro, Rafi, Lorena e Pablo: OLÍMPICOS DO AGUIAR

O xoves 6 de abril, á tardiña, dous alumnos do Aguiar: Lorena Naveira e Pablo Vázquez, acompañados pola súa profesora Rafaela Villalba, participarán en Santiago de Compostela na IIIª Olimpíada de Traducción de textos clásicos. 

Cada proba consistirá na tradución dun texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección de dito texto que se sinalará oportunamente.

Os textos das probas serán dos autores utilizados nas PAU de anos anteriores:

— en Lingua Grega, da obra de Platón e Xenofonte reducirase adicionalmente para esta proba o corpus ao primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas e ás obras platónicas Critón e Apoloxía de Sócrates.

— en Lingua Latina a proba versará sobre textos de Eutropio e Fedro.

 

As probas desta IIIª Olimpíada terán lugar na Facultade de Filoloxía, aula C11 o xoves 6 de abril de 2017

16:00-17:30: proba de Lingua Grega

17:30-18:00: descanso

18:00-19:30: proba de Lingua Latina

 

Outorgaranse 3 premios para cada modalidade:

1º premio: 250€

2º premio: 150€

3º premio: 100€

Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.

 

A entrega de premios será previsiblemente o xoves día 4 de maio de 2017 en Santiago de Compostela. 

Distribuir contido