Grego

Nova edición da viaxe ao mundo clásico: Atenas

Un ano máis, o IES Francisco Aguiar ofrece ao seu alumnado unha viaxe cultural ao mundo clásico.

Comezaron estas viaxes hai xa uns anos co impulso dos profesores Rafaela Villalba e  o lembrado Sebastián Buedo,  e con eles os nosos alumnos poideron coñecer Atenas, Creta, Sicilia, Roma...

 

Este ano  un grupo de alumnos e alumnas de 2º BAC acompañados por Rafaela Villalba e Mª José Pereira coñecerán con profundidade a cultura grega, establecendo o centro de operacións na cidade de Atenas. 

 

A viaxe a Atenas. Crónica de urxencia ( actualizado con novas imaxes)

Aguantando-disfrutando (según quen opine) temperaturas que rondan os 30 graos, os nosos viaxeiros clásicos remítennos unha imaxe e unhas palabras ( escuetas, que hai moito que ver e que facer)

"Todos contentos e con forza, aprendendo  e admirando a antiga cultura grega coas explicacións  de Rafi e entendéndonos e practicando  inglés e grego  polas rúas do centro (de Atenas). Por diante unha tarde na Ágora e en Plaka e Monastiraki.. A viaxe dende logo está merecendo a pena.  Grazas a Rafi, María José e ó Instituto por facela posible."

Para os vindeiros días os nosos compañeiros comezan as viaxes fora de Atenas: O Peloponeso para disfrutar de Corinto e Micenas, Delfos.... ¡que envexa!

¡que o disfruten e aprendan! (Rafi e Mª José xa se encargan disto)

               Polas rúas de Atenas                                                                             No Museo Nacional

               As rapazas de 4º                                                                           O Olimpeion

 

Voltan as "VIAXES AO MUNDO CLÁSICO" no Aguiar

¡Estamos de noraboa!

Entre os días 23 e 28 deste mes de setembro o "Aguiar" volta a revivivir unha das viaxes  máis interesantes e características  do noso Instituto, as que teñen por destino ao mundo clásico.  

Dende o ano 2008 unha parte do noso alumnado puido disfrutar coas maravillas de Atenas, Micenas, Creta, Sicilia, Roma... A iniciativa tivo dende o inicio dous grandes promotores o noso lembrado profesor de latín, Sebastián Buedo, e a catedrática de grego, Rafaela Villalba. 

Dista volta 26 rapaces e rapazas de 4º da ESO e 2º de BAC, acompañados polas profesoras Rafaela Villalba e Mª José Pereira, terán a oportunidade de disfrutar de Atenas e dos máis que eruditos comentarios de Rafi e Mª José...ademáis de degustar en compañía algunha deliciosa "moussaka".

 

 

VIAXE CULTURAL A GRECIA

OS PROFESORES RAFAELA VILLALBA FERREIRA E SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ ORGANIZARON A VIAXE A GRECIA DO 13 AO 21 DE SETEMBRO DE 2008.

      (VER FOTOS)                                  

VIAXE CULTURAL A GRECIA

Os profesores Rafaela Villalba Ferreira e Sebastián Buedo Jiménez, xunto cun grupo de alumnos de 2º de Bacharelato, participaron nunha viaxe cultural a Grecia do 23 ao 29 de febreiro de 2008.

Visitaron Atenas, Micenas, Corinto e Egina.

A viaxe estivo organizada polo Departamento de Grego en colaboración co de Latín.

 

MUSEO ARQUEOLÓXICO (ATENAS)

MUSEO ARQUEOLÓXICO (ATENAS)

MUSEO ARQUEOLÓXICO (ATENAS)

MICENAS

MICENAS

MICENAS

ACRÓPOLIS

ENTRADA Á ACRÓPOLIS (ATENAS)

ACRÓPOLIS
Distribuir contido