You are hereOrientación

Orientación


Segunda sesión de "Wellness: aprende a sentirte ben".

O alumnado de 2º de bacharelato tivo a segunda sesión do programa Wellness: aprende a sentirte ben, para afianzar o que aprenderon sobre as estratexias para controlar a ansiedade e a relaxación de mente e corpo. 

STOP ACCIDENTES no IES de MELIDE

No IES de Melide buscamos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da condución segura e sostible, libre de sustancias e de riscos innecesarios. Para iso, contamos unha vez máis, coa colaboración de STOP ACCIDENTES.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de ESO tivo unha charla de sensibilización sobre as condutas de risco ao volante, e o alumnado de 1º e 3º de ESO, sobre o uso seguro da bicicleta na vía urbana e semiurbana. 

STOP ACCIDENTES | Asociación de Ayuda y Orientación a los Afectados por  Accidentes de Tráfico

 

MEMORIAS DUN EX NAZI

A semana pasada o Ies recibiu a David Saavedra, autor do libro "Memorias de un ex nazi", para falarnos da súa experiencia e para sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e FP, sobre os perigos da radicalización do pensamento. 

CAMPAÑA DE VERÁN da Xunta de Galicia.

A xunta de Galicia publicou o programa de CAMPAMENTOS DE VERÁN para este ano 2023. Hai moitas e variadas opcións para desfrutar do tempo de lecer dunha forma saudable e no medio natural, facendo actividades como kaiak, windsurf, escalada, sendeirismo, tiro con arco, etc.

Para máis información pincha aquí ou aquí.

    Entrimo 3          Entrimo 2

                            BANNERWEB   

 

Bolsas EUROLINGUA venairlanda. Cursos de inglés en Irlanda.

Publicada a convocatoria para as bolsas para estudar inglés en Irlanda este verán 2023. 

As persoas interesadas teñen que ter nacido antes do 31 de decembro do 2008 e solicitalas antes do 19 de abril. 

Para conseguila, terase en conta a media do expediente académico (mínimo de 6) que valerá o 71% e os méritos, que son o 29%. Estes méritos consisten en:

- Proxecto, en inglés ou español coa temática " A importancia do inglés para viaxar"

- Test de motivación.

- Interese polo idioma, acreditado a través dunha carta de recomendación do profesorado de inglés. 

Para obter máis información, pincha aquí. 

DEIXA A TÚA PEGADA POLAS MULLERES DA TÚA VIDA

O alumnado do Ies de Melide conmemorou o 8 M a través de diferentes actividades ao longo do día. Aquí deixamos as creacións da materia de Plástica e o cartaz que fomos construíndo pouco a pouco entre todas: DEIXA A TÚA PEGADA POLAS MULLERES DA TÚA VIDA.

 

 

Sensibilización sobre os problemas de ADICIÓNS SEN SUSTANCIAS

A asociación AGALURE visitou o IES de Melide para sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO e FP básica sobre os perigos das adicións sen sustancias. Falamos do uso, abuso e adición aos videoxogos ou ás apostas e sobre as alteracións comportamentais que implican. 

 

Campionato de xadrez no IES de Melide.

Xa comezou o campionato de xadrez do IES!

Dentro das actividades dos RECREOS INCLUSIVOS, intentamos ofrecer actividades adaptadas a todo tipo de intereses, para que todo o alumnado se sinta partícipe do centro. Con estas iniciativas buscamos a mellora da conviencia e a inclusión de todos e todas nos tempos de lecer. 

"APRENDE A SENTIRTE BEN, BASE DO BENESTAR EMOCIONAL"

2º de Bacharelato é un curso complicado, con moita presión e tensión que repercute no estado emocional do alumnado. Por iso, no Ies de Melide contamos cun apoio externo que nos está axudando a xestionar o noso estado físico e mental.

Os alumnos e as alumnas de 2º de Bacharelato, tiveron a primeira sesión do programa Wellness Experiencia, a través do cal aprenderon a tomar conciencia do seu corpo e das súas sensacións, practicando tamén técnicas e estratexias de relaxación. 

 

 

Visita á Universidade de Santiago de Compostela (USC)

O alumnado de 2º de Bach visitou esta semana a USC, dentro do programa A PONTE. Nesta viaxe a Santiago, coñeceron diferentes facultades segundo os seus intereses, podendo elexir entre 17 percorridos diferentes. 

 

                 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido