You are hereOrientación

Orientación


ENCONTROS VIRTUAIS DA USC - 6, 7, 8 ABRIL 2020-

Achegamos información sobre os “ENCONTROS VIRTUAIS DA USC”. 

Recomendacións cara o estudo dirixidas ao alumnado de 2º de Bacharelato en período de confinamento – COVID 19-

Estimadas/os alumnas/os: 

Achegamos nesta entrada unhas pequenas recomendacións para afrontar o estudo durante o período de confinamento. 

Esperamos que vos sirvan de axuda. 

Para comunicarvos coa orientadora do IES de Melide (Ana Parada), podedes utilizar as mensaxes privadas da Aula Virtual a medida que vaiades estando todas/os matriculadas/os. 

Moito ánimo. 

ABAU 2020

Compartimos un vídeo explicativo das probas ABAU publicado pola CIUG no que se describen aspectos importantes sobre as Probas de Avaliación do Bacharelato e Acceso á Universidade para a convocatoria do curso 2019/2020.

Calquera dúbida, poden acudir ao Departamento de Orientación do IES de Melide.

 

CHARLA PREVENCIÓN DE CONDUCTAS ADITIVAS

Dende o Concello de Melide, impartíronse no IES de Melide unhas charlas orientadas á prevención de condutas aditivas. As charlas, orientadas ó alumnado de 2º de ESO tiveron lugar durante o 2 e 3 de marzo.

 

DATAS DE INTERESE + REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES

        I.            I. Probas de Acceso a Ciclos de Grao medio:

a.  Poderán participar as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos (título da ESO, título de FPB) e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

b.  O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos. A proba terá lugar o 28 de maio de 2020.

      II.            II. Probas de Acceso a Ciclos de Grao superior:

a.  Poderán participar as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos (título de BACH, título de FP Medio) e teñan 19 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

b.  O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos. A proba terá lugar o 23 de Abril de 2020.

Poden ampliar información sobre as probas no Departamento de Orientación do IES Melide.

Convocadas as Probas de Acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior de FP do Sistema Educativo

Convocatoria de Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grado Medio e Grado Superior (Orde do 20 de Xaneiro de 2020; DOGA do 07-02-20).

 

 Ver máis

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

No IES de Melide quixemos conmemorar o día da paz traballando a comunicación non violenta e o traballo en equipo. Para isto, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo dinámicas dirixidas polo profesorado de educación física nas que se puxera en práctica os anteriores obxectivos.

Unha vez rematada a dinámica e analizada a finalidade da actividade, o alumnado dirixiuse ós corredores do primeiro andar a colocar unha palabra pola paz no "río que nos une" elaborado tendo en conta a lema da bilblioteca desete ano.

NOTAS DE CORTE e TÁBOAS DE PONDERACIÓNS. Curso 2019/2020

A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina web (http://ciug.gal/) as Notas de Corte para o acceso ao Sistema Universitario de Galicia (SUG) no curso 2019/2020 e tamén a Táboa de Ponderacións das diferentes materias de 2º de Bacharelato nas ABAU (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade). 

Achegamos ambos documentos para a súa descarga e consulta. 

BENVIDA AO IES DE MELIDE

Comeza un novo curso e dende o IES de Melide queremos darvos a benvida a todos. Esperamos que este curso que ven cargado de proxectos novos e ilusionantes, sexa fructífero para toda a comunidade educativa.

Sabemos que co comezo do curso aparecen moitas ilusións renovadas, moitos novos proxectos e moitas novas tarefas que abordar. Pero tamén xorden medos, inquedanzas e moitos interrogantes, sobre todo no alumnado de 1º ESO que comeza a súa andadura no noso centro educativo. Co obxectivo de compartir todos estes sentimentos, de coñecer o instituto e de coñecernos  mutuamente, organizamos en colaboración co Departamento de Educación Física e de Orientación, unhas dinámicas grupais para darlle a benvida ao alumnado de 1º da ESO. Así, fomos quen de ir descubrindo dende os máis grandes aos máis pequenos recunchos do noso Centro, e tamén de construír unha Tea de Araña para comezar a tecer redes de colaboración, traballo en equipo, empatía e solidariedade. 

Fotos Benvidas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido