You are hereOrientación

Orientación


PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO: Para alumnado con 17 anos ou que os faga no ano da proba (2022), que non cumpran requisitos de acceso ao grao medio. 

- Prazo de solicitude: do 3 ao 16 de marzo

- Partes da proba: 

      PARTE SOCIOLLINGÜÍSTICA: Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Sociais

        PARTE MATEMÁTICA: Matemáticas

        PARTE CIENTÍFICO- TÉCNICA: Ciencas da natureza, Tecnoloxía

PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR: Para alumnado con 19 anos ou que os faga no ano da proba (2022) e que non cumpran os requisitos de acceso ao grao superior. 

- Prazo de solicitude: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro

- Partes da proba:

       PARTE COMÚN: Lingua Castelá, Lingua Galega,  Matemáticas

        PARTE ESPECÍFICA: A) Economía da Empresa, Lingua Estranxeira e Filosofía

                                      B) Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física

                                      C) Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía

Para máis información deixamos aquí a orde da convocatoria : 

PROBAS DE ACCESO A GM E GS

 

 

O DÍA DO PEÓN NOS RECREOS INCLUSIVOS

 Este curso celebramos o Día do Peón, como ven sendo tradición no IES de Melide, e contamos coa participación do alumnado de 1º de ESO, entre os que había expertos e expertas xogadoras con habilidades extraordinarias para facer bailar os peóns que se repartiron entre os alumnos e alumnas do primeiro curso. Enmarcamos a actividade no programa de Recreos inclusivos que estamos a desenvolver este curso e que busca a integración do alumnado novo e a promoción dos xogos populares no ámbito escolar. 

OBRADOIRO de AMARAI, capaces día a día

O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO traballou sobre a inclusión das persoas con discapacidade gracias a colaboración da asociación AMARAI, ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE ARZÚA E DA TERRA DE MELIDE. 

 

 

AMARAI – Amarai – Capaces día a día

Alumnado no obradoiro

                                                                    

 

OUTONO XOVE. Actividades de fin de semana en albergues xuvenís

Dende o Departamento de Orientación recomendamos ter en conta este programa de educación non formal para a mocidade galega promovido pola Xunta de Galicia. 

O obxectivo é realizar actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís de Galicia nas fins de semana de novembro e decembro. 

Destinatarios/as: mocidade de 14 a 30 anos

Prezo: 25 euros 

Actividades: tiro con arco, escalada, obradoiros de cine, sendeirismo, astronomía, etc

                   

                   Outono Xove 2021

 

 Consulta máis información aquí.

 Aproveita a oportunidade!!!Sorriso

 

 

 

Convocatoria de Axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021. 

Solicitude: mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación e FP. 

Ampliar información aquí. 

Convocatoria de BECAS para o alumnado que cursa estudos de Bach, FP Básica e Ciclo Medio

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021. 

Solicitude: mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación e FP. 

Ampliar información aquí. 

ALUMNADO 2º DE BAC. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Achegamos información dirixida ao alumnado de 2º de BAC que acada o título na convocatoria extraordinaria en relación á solicitude do título de bacharelato e á ABAU 2021. 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Requisitos/Condicións:

  • Ter cursado 4º da ESO no curso 2020-2021
  • Ter unha nota media na etapa da ESO igual ou superior a 9, 00 puntos.
  • O alumnado deberá realizar unha proba presencial, o día 9 de setembro de 2021, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias obxecto de avaliación.

Prazo: ata o 6 de xullo de 2021. 

Características: 20 premios de 800 euros. 

Para máis información aquí.

2º de BACH: información FIN DE CURSO!

Achegamos información sobre os procedementos a realizar para a reclamación ás cualificacións, a solicitude do Título de Bacharelato e a Matrícula nas ABAU 2021. 

Asemade, tamén podedes consultar no seguinte enlace o Protocolo ABAU 2021. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido