You are hereOrientación

Orientación


Premios Extraordinarios de Bacharelato 19/20

Destinatarios: alumnado que finalizase estudos de bacharelato no curso 19-20 e obtivese unha nota media igual ou superior a 8,75. 

Prazo presentación solicitudes: 23 xullo – 24 agosto 2020.

Enlace á convocatoria e ao extracto

Revisión das cualificacións da ABAU + Subir nota + Acceso á Universidade en Galicia

Compartimos un pequeno resumo sobre os procedementos de revisión de cualificación  e de subir nota nas ABAU. 

Asemade, podedes ver aquí un vídeo explicativo sobre o acceso á Universidade en Galicia. 

ORIENTACIÓN VIRTUAL NA USC E UDC

Achegamos os enlaces ás Xornada Virtuais de Orientación da USC e ás Xornadas de Portas Abertas Virtuais da UDC que se celebran o 14 e o 15 de xullo de 2020. 

Admisión a FP. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes de admisión a CF de FP. 

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.

A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude).

Máis información

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O ACCESO A CICLOS DE FP_ CURSO 2020/2021

Achégase o documento onde se detallan os prazos para a admisión e a matrícula dos Ciclos Formativos de Formación Profesional para o vindeiro curso 2020/2021. 

A presentación de solicitudes abrangue dende o 25 de Xuño ás 9.00 h ata o 8 de xullo ás 13.00 h.

Realízase a través da seguinte aplicación web: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ , e debedes entregar o impreso de solicitude que se xera, no prazo indicado, en calquera Centro Educativo de Galicia con oferta de FP (recomendable solicitar cita previa). 

 

CHARLAS ORIENTACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL

Ao longo destas semanas o departamento de orientación realizará as sesións de orientación académico profesional para o alumnado do centro. A continuación enlazamos horario, as presentacións de cada curso e as guías das materias troncais e optativas

horario

Información 2º ESO   información 3º ESO   información 4º ESO   Información 1º BAC

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL VIRTUAL DO 1 AO 15 DE XUÑO DE 2020

Achegamos a esta entrada o horario das sesións de orientación académica e profesional virtual organizadas no IES de Melide dende o 1 ao 15 de Xuño de 2020. 

ACTUALIZACIÓN: Probas de Acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior

Probas de acceso a grao medio: 

Probas de acceso a grao superior: 

Finalmente, podedes tamén consultar o calendario actualizado coas datas de cada unha das probas. 

 

SOLICITUDE DE ENTREVISTA TITOR OU PROFESOR DE MATERIA

A solicitude de entrevistas telemáticas cos titores de cada grupo así como do profesorado realizarase a través da plataforma ABALAR MÓBIL (acceder menú da aplicación→ titorías → seleccionar profesor/a co que se desexa contactar-→ enviar a mensaxe de solicitude de entrevista). Enviar mensaxe con solicitude de entrevista.

O profesorado ten marcado no seu horario unha hora de atención ás familias que aparecerá especificada no listado de profesores que aparace na aplicación ABALAR MÓBIL

En caso de non ser posible por este procedemento, poñerse en contacto co centro (vía correo-e: ies.melide@edu.xunta.es, ou telefónicamente: 881866109) indicando o nome da persoa que solicita a cita, o nome do alumno/a, curso e o profesor/a con quen se quere falar. O centro porase en contacto co profesor e buscarase a vía telemática máis apropiada.

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido