You are hereOrientación

Orientación


PROBAS DE ACCESO para o Grao en Ciencias da Actividade e do Deporte da Universidade da Coruña.

Aberto o prazo de inscrición para a realización das probas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e de Deporte da UDC. 

As probas terán lugar o día 22 de abril e o 20 de xuño e consistirán na superación de tres bloques:

 Bloque 1. Proba 1. Adaptación ao medio acuático.

 Bloque 2. (Ellexir unha) Proba 2. Proba de axilidade no chan. 

                                     Proba 3. Carreira con obstáculos.

                                     Proba 4. Proba de habilidade co balón.  

Bloque 3. Proba 5. Proba de resistencia cíclica.

 Para consultar os baremos das diferentes probas e máis información sobre o proceso, consultar este documento. 

Charla de prevención do consumo de drogas e adicións sen sustancias

O alumnado de 3º de ESO participou nunha charla sobre o consumo e adicións dentro do Plan Proxecta QUÉROTE + no que participa o centro. 

 

 

 

  

Campaña de sensibilización sobre CIBERSEGURIDADE e CONSUMO DE SUSTANCIAS

O Ies de Melide participa no Plan Director, a través do cal a garda civil leva a cabo un programa de sensibilización nos centros educativos. 

Nesta ocasión, 1º e 2º da ESO tiveron unha charla sobre RISCOS DE SEGURIDADE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS e o alumnado de 3º e 4º da ESO e 2º de FPbásica, sobre os riscos do CONSUMO DE DROGAS E ALCOHOL. 

 

         

Visita de ACADAR, asociación de mulleres con discapacidad de Galicia.

A asocación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR, visitou o noso Ies para falar co alumnado de todos os cursos da ESO sobre a igualdade de xénero, a violencia e a situación das mulleres con discapacidade. 

Desta forma, iniciamos o noso traballo de sensibilización para o 25 N, día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.  

 

 

OUTONO XOVE: actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 17 anos.

OUTONO XOVE é un programa que busca ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega de entre 14 a 17 anos, durante as fins de semana  nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

As actividades son variadas, dependendo do programa: manexo de dron, bicicleta de montaña, arte urbana, impresión 3D, orientación, xogos de escape, realidade virtual, xeolocalización, etc. 

O prezo é de 25 euros (desconto por ser familia numerosa) que inclúe a manutención de venres a domingo e o aloxamento. 

O prazo de inscrición está aberto. Non perdas a oportunidade!!

Para máis información preme aquí. 

 

PRAZO para a SOLICITUDE DE GRAOS UNIVERSITARIOS do Sistema Universitario de Galicia

O prazo para solicitar, en orde de preferencia e a través da aplicación NERTA, os graos universitarios do Sistema Universitario de Galicia, está aberto dende o día 21  ata o día 30 de xuño

Neste documento podes consultar as datas importantes de todo o procedemento de admisión e matrícula.

Moito ollo nos días dos chamamentos! Comezan o día 14 de XULLO!!

PREMATRÍCULA EXTRAORDINARIA DA ABAU

A prematrícula para a realización da ABAU na convocatoria extraordinaria, para o alumnado que titula no bacharelato nesta convocatoria extraordinaria, estará aberta o día 28 e 29 de xuño.

Realizarase a través da aplicación NERTA tras pagar as taxas da solicitude do título de bacharelato, pagar as taxas de realización da ABAU e de cubrir o impreso de matrícula da ABAU. Estes documentos serán entregados na secretaría do IES.

Para consultar outros datos de interese sobre esta convocatoria, podes ver este documento. 

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO NEAE para o curso 2022-2023

O prazo para solicitar as BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO NEAE para o curso 2022-2023 estará aberto ata o 30 de setembro. A solicitude realízase a través da sede electrónica do ministerio de educación. 

Podes consultar a convocatoria e acceder ao trámite aquí. 

 

Publicadas as cualificacións provisionais das PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO

Para consultar as notas provisionais das probas de acceso a ciclo medio celebradas o 25 de maio, pódese consultar o seguinte documento

Poderase presentar reclamación contra a cualificación provisional desde o día 7 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. 

 

Listaxe provisional de alumnado seleccionado para as actividades de formación en linguas estranxeiras (AXUDASLE)

Para consultar máis información sobre estas axudas, así como o alumnado seleccionado e as persoas suplentes das actividades formativas,  podes consultar a seguinte dirección 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido