Skip to Content

Dinamización lingüística

GAÑADOR DO CERTAME LITERARIO" DESCUBRINDO OLEIROS"

Xa temos gañador do certame literario “Descubrindo Oleiros" organizado polo Concello de Oleiros e o Equipo de Dinamización Lingüística.

 

 

 

Ignacio Márquez Ricoy de 1º Bach B resultou gañador na súa categoría co seu relato: “AMIGOS”.

Parabéns!!!!

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

   

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024

O Equipo de Dinamizacón da Lingua Galega do IES Miraflores convoca VII Concurso de Marcapáxinas das Letras Galegas 2024. LUISA VILLALTA

O tema deste ano é a figura de Luisa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas

1. Participantes

Pode participar no  concurso todo o alumnado do centro.

2. Formato

O marcapáxinas realizarase nun rectángulo aproximado  de 21cm x 5cm. Debe ser cartulina sen motivos en relevo . A técnica será manual e libre e efectuarase  por unha soa cara.

Deberá recoller o texto: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA.

3. Presentación de traballos

O marcapáxinas terá que recoller o nome do alumno/a e o curso.

4. Prazo e lugar de presentación

Os marcapáxinas serán recollidos polo profesorado de Lingua Galega que imparta clase en cada curso e a data límite de entrega será o venres 10 de maio.

5. Xurado

O Xurado estará composto por algún membro do Equipo directivo, a coordinadora do Equipo de Dinamización, un docente do centro e alumnado que pertence ao Equipo de Dinamización.

6. Criterios para a concesión do premio

A calidade e a orixinalidade dos traballos serán os criterios nos que se baseará o xurado para a resolución dos premios.

1º Premio. Agasallo e impresión do marcapáxinas para facer entrega ao resto do alumnado e profesorado

2º Premio. Agasallo

3º Premio, Agasallo

7. Entrega de premios

A entrega de premios  realizarase a mañán do venres 24 de maio na Biblioteca do IES Miraflores.

 

MENU ABRIL

FALANDO CON ZENZAR

 

 

Zënzar é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama  e formada durante o outono do ano 1987.

Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como "os padriños do rock galego".

O vocalista do grupo é o polifacético Xosé Bocixa  que estivo no noso centro acompañado de Paco Cerdeira “Pacolas” e da ilustradora Laura Romero.

O alumnado de 2º ESO desfrutou o pasado 21 de marzo no salón de actos do instituto, non só das súas cancións senón tamén das súas experiencias ao longo da súa dilatada traxectoria.

A actividade estaba organizada polo Equipo de Dinamización do IES M;iraflores e o Concello de Oleiros.

 

 

MENÚ MARZO

MULLER, POETA EN GALEGO

O mércores 28 de febrero, a rapazada de 3º ESO do IES Miraflores asistiu ás Torres de Santa Cruz a un encontro coa escritora Yolanda Castaño.

A poeta galega, Premio Nacional de Poesía 2023, compartiu as súas experiencias como muller e escritora en galego e confesou moitos dos estigmas aos que tivo que enfrontarse nos seus comezos.

O alumnado foi partícipe das súas vivencias e experiencias dende que escribíu o seu primeiro poema con 7 anos… ata a actualidade.

As  viaxes, anécdotas e proxectos desta escritora compostelá… motivaron ao alumnado a experimentar con este xénero literario, e por riba de todo, a facelo na nosa lingua…. Pois como ela mesma nos demostrou, pódese chegar a calquera recuncho do mundo.

Esta actividade foi organizada conxuntamente polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Miraflores e o Concello de Oleiros.

CONCURSO QUEN É QUEN?

 

DÍA DE ROSALÍA 2024

 

Xa temos gañadora do Concurso Quen é quen ?

Lola Fírvida de 1º BACH A

 

 

Parabéns!!!!!!!!

A ENTREGA D EPREMIOS TERÁ LUGAR O VINDEIRO XOVES 29 NO 1º RECREO NA BIBLIOTECA.

 

MENÚ MES DE FEBREIRO

CONCURSO QUEN É QUEN? Día de Rosalía 2024

 

 

CONCURSO “ QUEN É QUEN? “DÍA DE ROSALÍA 2024

Coma todos os anos,o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores quere celebrar o vindeiro 23 de febreiro, o Día de Rosalía.

Ao longo destes anos elaboramos textos, videopoemas,fixemos cartaces, exposicións, recitamos poesías,gravamos un mannequin challenge, montamos un photocall e agora chegou o momento de buscar,dentro de toda a comunidade educativa, á persoa que máis se pareza a Rosalía de Castro.

Profesorado, alumnado e persoal non docente poderá caracterizarse como a escritora. Deberá presentar en papel tamaño folio en horizontal as dúas fotos ( a foto de referencia da autora de Cantares Gallegos e a do/a aspirante a Rosalía ) e entregarlla a coordinadora de Dinamización Graciela Grande como data límite o 19 de febreiro.

As imaxes expoñeranse nun taboleiro habilitado a tal efecto no hall do instituto.

O autor/a da fotografía gañadora Quen é quen?, será obsequiado cun agasallo que se lle entregará o venres 8 de marzo, un día sinalado tamén para todos/as nós.

Deixámosvos aquí algunhas fotos con outros autores/as homenaxeados nas Letras Galegas, para que vos sirvan de exemplo.


Animádevos a participar!!!!

 

 

As imaxes foron cedidas polo IES A Sardiñeira.

 

X CERTAME LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS

 

CONVOCATORIA DO X PREMIO LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS
BDNS(Identif.):736572
De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de
Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/736572)
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut