Skip to Content

Inglés

PROXECTA DONAS DE SI- WHO IS SHE?

Con motivo da participación no Proxecta Donas de si levado a cabo neste ano académico no centro, o alumnado de 3º de ESO D, elaboraron uns murais para dar a coñecer e salientar a seis figuras femininas relevantes da anglofonía. A orixinalidade dos murais titulados "Who is she?" (Quen é ela?) non só se queda no mero ofrecemento de información, na que non se dá o nome da persoa e se usa o pronome she "ela", senón que pretende chamar a curiosidade da comunidade educativa coa creación de portas móviles que se abren para dar paso - unha vez lida a información - a unha foto e ao nome da protagonista do mural.
As mulleres que salientamos neste traballo son:

Rosa Parks - quen ao negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial nos EE.UU.
Ada Lovelace -  matemática e escritora británica coñecida principalmente por ser a primeira programadora do mundo.
Agatha Christie - a escritora de ficción máis vendida de todos os tempos e nomeada Dame Comandante da Orde do Imperio Británico (DBE) polas súas contribucións á literatura.
Margaret Thatcher -  Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990 e unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente.
Rosalind Franklin - bióloga inglesa que colaborou no descubrimento do ADN.
Billie Jean King - ex xogadora de tenis dos Estados Unidos. Está considerada unha das xogadoras máis grandes do tenis e unha das mellores deportistas de toda a historia e figura clave na reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres.

Desexamos que toda a comunidade educativa o disfrute e aprecie antes das merecidas vacacións estivais.

Nuria Bello Piñón
Profesora de inglés

Distribuir contido


by Dr. Radut