Skip to Content

Novas

INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 CONVOCATORIA XERAL

INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25

CONVOCATORIA XERAL

 

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

Para alumnado que no curso 24/25 estea matriculado en:

·     Bacharelato

·     Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados 

·    Formación Profesional de grao medio e de grao superior 

·     Ensinos artísticos: profesionais e superiores 

·     Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

·     Ensinos deportivos 

·     Estudos relixiosos superiores 

·     Formación Profesional de Grao Básico 

·     Ensino universitario: Graos, Mestrados... 

 

 COMO SOLICITALA?

1.      ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA.https://sede.educacion.gob.es

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE

 Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

·         Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

·         Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta. 

 Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas: 

 •   Con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou 

 •   mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica. 

 

3.ENCHE O FORMULARIO

Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pedirán que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pediranche que achegues algún documento concreto.

 

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN:

ENDEREZO PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN Á UNIDADE DE BOLSAS: Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo. R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

PARA MAIS INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es 

DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRÓNICO

Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar. 

 

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

TELÉFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.

CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal

UNIFERIA

Do 22 ao 24 de febreiro celébrase a terceira edición de UNIFERIA, Feria Virtual de las Universidades españolas,  que permite o contacto de futuros estudantes  cos Graos Universitarios que se van a impartir o vindeiro curso 2021/22. As universidades informarán ademais da oferta académica dos Graos universitarios, doutros aspectos como aloxamento, deportes, voluntuariado, Centro de Linguas, etc.
 
O horario para participar será amplo: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
 
Os estudantes poderán participar, preguntar, consultar o que precisen. A navegación por UNIFERIA é libre, simplemente deben rexistrarse.
 
Toda a información ao respecto, así como para  rexistrarse deben facelo no seguinte enlace: 
 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos de FondoLibros

Para consultar esta listaxe deberá acudir ao taboleiro de anuncios do instituto ou ben acceder por vía electrónica a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Os vales para a compra de material de aqueles alumnos beneficiarios e matriculados agora en xuño, poderán recollerse no instituto a partir do luns 13 de xullo.

SOLICITUDES ADMITIDAS EN 1º ESO

Segundo as instruccións da Xefatura Territorial, as solicitudes presentadas no noso centro para 1º ESO están todas admitidas.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

Todas aquelas persoas que queiran cambiarse de centro ou ben queiran un centro diferente ao centro adscrito que lle correpondería, deberá presentar a solicitude (ED550B) na sede electrónica ou ben descargala (aquí) e presentala presencialmente do 1 – 20 de marzo no centro que desexe como primeira opción. Como o día 20 de marzo é non lectivo no centro, o último día de prazo será o luns 23 de marzo.

 

Reserva de praza no centro de adscrición

1 ao 17 de febreiro

Data do sorteo público a efectos de desempate

26 febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación da solicitude de admisión (cambio de centro) Anexo II (modelo ED550B)

1 ao 20 marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

Antes do 25 de abril

Plazo de reclamacións

nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

 

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula ESO e BACHARELATO

25 de xuño – 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e BACHARELATO

1 – 10 setembro

 

NORMATIVA

- Orde do 25 de xaneiro de 2017

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro

- Orde do 12 de marzo de 2013

- Zona de influencia

- Criterio complementario de centro

- Anuncio do sorteo anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado co curso 2020/2021

- Instruccións da Dirección Xeral de Centros sobre o proceso de admisión do curso 2020/2021

- Mapa escolar

 

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

Segundo o Decreto da Alcaldía número 2019005537, ditado en data de 19 de decembro de 2019, a subvención do Concello para a viaxe fin de etapa 4º ESO (Xuño de 2019) e outras actividades culturais do centro ascende a 9.898€.

TRANSPORTE ESCOLAR

Transporte: lisxtaxe de admitidos e excluídos.

En beneficio de todos, aqueles alumnos da ESO que non vaian facer uso do transporte deberán darse de baixa do servizo na Secretaría canto antes.

Os alumnos que non aparezan la lista ou atopen calquera erro tamén deberán pasar pola Secretaría para reparalo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut