Skip to Content

Física e química

Vistia CITEEC 2ºESO

Os pasados días 8 e 10 de maio, o alumnado da 2º ESO tivo a posibilidade de visitar o Centro de Innovación Tecnolóxico da Universidade da Coruña (CITEEC).

Neste edificio atópanse laboratorios dotados cunha tecnoloxía punteira a nivel europeo e onde se realizan experimentos a pequena escala que garanten que as estruturas utilizadas posteriormente na construcción de pontes, portos, presas ou edificios cumpran con todas as garantías de seguridade.

Masterclass "Física de partículas coas mans"

Os alumnos de Física de 2º de bacharelato, Iago Mella, Candela Moreno e Nicolás Agüero, tiveron a oportunidade de asistir á masterclass do IGFAE “Física de Partículas coas mans”, celebrada o venres 3 de marzo.

A xornada comezou na Aula Magna da facultade de Matemáticas da USC ás 9:30 e rematou ás 17:00.

Durante esa xornada, o alumnado asistiu a varias charlas impartidas por especialistas en física de partículas, realizaron os seus propios experimentos e, posteriormente, debateron os resultados a través de videoconferencia con investigadores do CERN e outros estudantes de diferentes países.

Aproveitando a ocasión visitaron algunhas outras facultades da USC.

 Seguro que desfrutaron moito e aproveitaron ao máximo a experiencia!

Distribuir contido


by Dr. Radut