Skip to Content

Matemáticas

Noraboa ao alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos

Entre o alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de bacharelato, un grupo, coa profesora María José Bargados á fronte, participou no XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O seu traballo titulado "Rompendo o cristal da Xeración Z" foi o gañador da competición a nivel autonómico que se celebrou na Facultade de Matemáticas da USC o pasado venres 9 de xuño.

Con esto acadan o paso á final nacional que se celebrará en Zaragoza os días 27, 28 e 29 de xuño.

Seguro que o seu traballo será aclamado como se merecen.

Noraboa aos finalistas da Incubadora de Sondaxes

Entre o alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de bacharelato un grupo, coa profesora María José Bargados á fronte, participou no XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O seu traballo titulado 'Rompendo o cristal da Xeración Z' foi seleccionado para a final da competición e o venres 9 de xuño deberá defendelo na Facultade de Matemáticas da USC.

Picando na seguinte imaxe podese acceder a toda a información:

Visita ASPACE

O alumnado do IES Miraflores que participa no proxecto Talentos Inclusivos.

Nesa visita fixemos entrega de varias cartas para usuarios da asociación.

No seguinte enlace pódese acceder á publicación que fixo o CITIC sobre a visita

Visita de usuarios de Aspace ao IES Miraflores

O día 1 de febreiro diversos asistidos de ASPACE fixeron unha visita ao noso centro dentro do proxecto Talentos Inclusivos.

Participaron activamente na vida do centro con algunhas reunións e charlas co alumnado de 3º ESO.

POLOS CREATIVOS

O pasado martes 26 de abril o alumnado que participa no proxecto Talentos Inclusivos acudiu ás instalacións do Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, a amosar o seu traballo dentro da presentaión do proxecto "Polos Creativos"

Un gran número de persoas interesáronse polo traballo realizado, como se pode ver na imaxe.

Unha parte importante da comunidade educativa do IES Miraflores puxo de manifesto o seu interese en participar no proxecto de Polos Creativos.

Trataremos de elaborar un proxecto para esta convocatoria, que suporá un maior traballo para o profesorado e alumnado participante, a cambio dunha importante dotación material para o centro.

STEMbach - 1ºCurso

O alumnado que participa no STEMbach que se realiza durante os cursos 2020-21 e 2021-22 traballou moito na súa formación ao longo de este primer curso, con unha innegable melloría, consecuencia do traballo desenvolvido.

Resultaria en exceso simplista pretender resumir todo o traballo realizado polo alumnado implicado nun único recurso, pero a coordinadora do proxecto elaborou un vídeo con algunhas das imaxes que este curso nos proporcionou como mostra e recoñecemento do esforzo do alumnado implicado.

Pódese acceder a este recurso no seguinte enlace: Vídeo STEMbach 2020-21 (1ºcurso) 

Estamos seguros que os proxectos que están a elaborar serán estupendos. Seguiremos informando.

Distribuir contido


by Dr. Radut