Skip to Content

Anímate a lelo

Flanagan de luxe

O alumno Iber José Ferreiro López, de 3ºESO fixo este traballo sobre o libro Flanagan de luxe

Unha morea de libros que che poden gustar

Nos seguinte enlace podedes atopar os comentarios dalgúns dos vosos compañeiros sobre libros que leron.

ANÍMATE A PICAR

 

Recomendacións do alumando de 1ºESO

Para o voso disfrute estos días recomendámosche as seguintes lecturas. Se queres saber algo máis de cada libro, preme sobre o seu título e coñecerás á nosa opinión:

A boa sorte. Irene

A casa da luz. Antía

A Odisea contada aos nenos. Breixo

A perla. Javi P.

Cando petan na porta pola noite. Jose

Jules Verne. Pablo

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Noa

Maldito DNI. Javi E.

Tristes armas. Uxía

A Perla

Título :A perla

Autor: John Steinback

Editorial: Galaxia

 Signatura da biblioteca: LX STE per

Data 1ª edición: 1990

Nº de páxinas: 96

Tempo de lectura: 28 días

Puntación: 8

Elexín este libro porque pareceume entretido  cando lín na contraportada de que iba.

Para mín é unha historia de amor e de intriga ao mesmo tempo.

Trata de unha parella de pescadores moi humilde que tiña un fillo. Un día que saíron a pescar atoparon unha perla xigante. Eles creían que a perla lles iba a quitar todos os problemas que tiñan, pero foi o contrario.

O que máis me gustou foi o final porque decidiron tirar ao mar a perla que lles estaba complicando moito a vida, e así quedaron como estaban antes. Felices co poco que tiñan.

Javi Paz

A ODISEA CONTADA AOS NENOS

Autora:  Rosa Navarro Durán

Ilustracións: Francesc Rovira

Editorial: Rodeira

Signatura de biblioteca de Miraflores: LX NAV odi

Data de primeira edición: Setembro do 2008

Nº de páxinas: 214 páxinas

Tempo aproximado de lectura: 3 horas

Puntuación: Un 10.

1.-Elixín este libro:

Elixín este libro porque sempre me gustaron moito as historias da mitoloxía que dende pequeniño me contaba o meu avó, que estudou Filosofía e letras,  e a miña nai.

2.-Tipo de obra:

É unha obra de aventuras que conta as epopeas do heroe grego Ulíses.

3.-Trata de :

Conta a historia do heroe grego Ulises que despois de loitar na guerra de Troia retorna a súa casa, Ítaca para reunirse coa súa muller, Penélope, e o seu fillo Telémaco. Sen embargo, atópase con moitos obstáculos que lle impiden cumprir o seu propósito. Coa axuda da súa astucia e da deusa Atenea conseguirá reunirse coa súa familia, aínda que pasan moitos anos e moitas desgrazas no camiño.

4.- O que máis me gustou do libro:

 

O que máis me gustou do libro son todas as aventuras que ten que superar Ulises para regresar coa súa familia. Concretamente a historia do ciclope Polifemo que encerra ao heroe xunto cuns compañeiros nunha caverna e a quen vai devorando; para escapar Ulises utiliza a súa astucia camuflándose baixo as ovellas do xigante.  Tamén me encanta cando aparecen os deuses, como Atenea ou Zeus ,que cos seus raios destrúe a nave de Ulises.

Breixo 

Maldito DNI

Título: ¡Maldito D.N.I.!

Autor/a: Pepe Carballude

Editorial: FÓRA DE XOGO                                                                    

Signatura da Biblioteca Miraflores: R·3782

Data 1ª edición: 30 de xuño de 2005

Nº de páxinas: 153 páxinas

Tempo aproximado de lectura: 3 horas

Puntuación (1-10): 7, xa que era moi raro sobre todo ao inicio. Eu, persoalmente esperaba un pouquiño máis del. Aínda así, paréceme boa nota.

Elixín este libro porque…

Gustoume o resumo que viña na contraportada do libro e pareceume curto para lelo en pouco tempo. 

É unha historia de intriga

Trata dun home que decide vivir indocumentado, dándose por morto para poder vivir en paz, pero iso no vai ser tan sinxelo coma el cre.

Destaco do libro o inicio xa que fixo que o seguira lendo por saber o que pasaría despois, xa que se non me gustara, non o ía seguir lendo tan a miúdo.

A miña puntuación é un 7polo que argumentei antes.

Javi

 

20000 leguas de Verne a Vigo

Título: 20000 leguas de Verne a Vigo.

Autor: Eduardo Rolland.

Editorial: Lobito bueno.

Signatura: Galego R.4123.

Primeira edición: Setembro de 2016.

Nota: 10.

Número de páxinas: 47 páxinas en 5 capítulos.

Tempo aproximado de lectura: 50 minutos.

Elixín este libro porque: porque a súa portada e o seu resumo foron moi interesantes e me chamaron moito a atención, xa que é un libro baseado en 20000 leguas debaixo dos mares, de Verne. 

É unha obra de: historia, fantasía e aventuras.

Trata de: Trata de que o capitán Nemo e os seus compañeiros, o profesor Aronnax, Ned Land e Conseil, van recordando as aventuras de cando viaxaron a Vigo no Nautilus, por causa do seu creador Jules Verne.

Ademais tamén recordarán a lendaria batalla de Rande, onde afundiron os galeóns cheos de prata, e as visitas do seu creador a Vigo.

O que máis me gustou: foi cando falaron sobre a batalla de Rande, e cando mostran as estratrexias  daquela batalla.

 

Recomendo: Recomendo este libro a aqueles que lles guste a historia e os libros de Jules Verne. 

Distribuir contido


by Dr. Radut