Skip to Content

Dinamización lingüística

DÚAS GAMBERRAS E UN MICRO

DÚAS GAMBERRAS E UN MICRO 

22 DE DECEMBRO NO IES MIRAFLORES 

Alumnado 2 ESO de 16:20h-17:10h 

 

 

Un proxecto de poesía oral  formado por Nuria Vil y Vanessa Glemse.Unha proposta transgresora  para que  o alumnado participe na intervención escénica e reflexione sobre moitos temas de actualidade,os modelos estéticos e a discriminación cara ás identidades diverxentesSempre desde unha óptica feminista e de xénero. A actividade desenvolveuse integramente en galego como parte da reflexión sobre a diverxenciaTraballouse a sensibilización contra as violencias e os clixés que se exercen sobre as identidades non hexemónicasneste caso as lingüísticas, realizando un labor normalizador da lingua en espazos alleos ás aulas. 

 

Organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística  do IES Miraflores e o Concello de Oleiros. 

LITO VILA

LITO VILA

CHARLAMOS CON LITO VILA

 

LUNS 21 DE DECEMBRO E MARTES 22 NO IES MIRAFLORES

12:30H-13-20H

9:20H-10:10H

CHARLA-COLOQUIO VIRTUAL PARA 1ºBACH

LITO VILA BALEATO

CAMPUS MORTE

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DESÉXAVOS "UN BO NADAL EN GALEGO"

 

ALUMNADO INTEGRANTE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DO IES MIRAFLORES

Sara de Vierna Campos,Félix López Sánchez, Bruno Araújo Tavares, Carla García Lista

Alba Echeverri  Paleo, Mar Velázquez Díaz, Nerea Rey Sanduende, Ana Belén Fernández Labarta

CONCURSO COCA-COLA

Benvidos á 12.ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto!

Es profesor ou profesora de 2.º ou 3.º de ESO e gustaríache potenciar a creatividade dos teus alumnos e alumnas e a capacidade de transformala nun relato?

Un folio en branco, un estímulo creativo e ganas de lle dar renda solta á imaxinación. Baixo esta premisa comprácenos comunicarche que este ano, realizamos a 12.ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto en formato 100 % dixital para seguir escribindo unha páxina máis do concurso con máis historia e máis historias.

A esencia do concurso segue intacta e queremos seguir descubrindo os novos talentos do noso país, aproveitando as vantaxes das ferramentas dixitais para amplificar a participación no concurso e gozar ao máximo desta experiencia.

A proba escrita da 12.ª edición do Concurso Coca-Cola de novos talentos de relato curto será o día 5 de marzo de 2021 ás 11:00 e a inscrición poderase realizar ata o día 5 de febreiro.

 

Se o curso 2019/2020  inscribiches o teu alumnado de 2.º de ESO  e quedaron ás portas de participar no concurso, non te preocupes! Nesta edición non deixaremos a ningunha xeración sen coñecer a maxia deste certame. Por este motivo, poderás volver a apuntar os/as alumnos/as que este ano cursan 3.º de ESO (menores de 16 anos que se apuntaron o curso pasado). O talento creativo non ten idade!

E como novidade, este ano toda a clase poderá ser a artífice do estímulo creativo! Todas as clases que vaian presentar alumnos e alumnas á proba escrita poderán concursar nesta fase, de forma voluntaria. Poderás encontrar proximamente toda a información relativa a este punto na páxina web de Fundación Coca-Cola

 

Ademais, nesta edición os profesores e profesoras poderedes participar no programa Aulas Dixitais, unha extensión en liña das Xornadas Literarias para Profesores con máis prazas. A oficina técnica local axudarache.  

 

 

 

Se podes inspiralos, poden contalo!

Encontrarás máis información en:

https://www.fundacioncocacola.com/concurso-jovenes-talentos

Menú comedor decembro

MENÚ DO COMEDOR DO MES DE NOVEMBRO

EXPOSICIÓN ISAAC DÍAZ PARDO

Distribuir contido


by Dr. Radut