Skip to Content

Dinamización lingüística

MENÚ DE COMEDOR.XUÑO

IGNACIO VILAR. AURA 1964

Hoxe no noso instituto, tivemos o pracer de contar coa visita do cineasta Ignacio Vilar, quen nos veu falar do guión da súa próxima película, Aura 1964. 

O director de Petín de Valdeorras fíxonos partícipes de moitas anécdotas das súas anteriores películas de sona mundial : A esmorga, Pradolongo… así como dos  detalles da realización dunha longametraxe

O alumnado de 4 ESO que previamente lera o guión cinematográfico, estivo moi atento e interesado en todos estes aspectos, sobre todo, na posibilidade de participar nunha futura gravación con personaxes adolescentes coma eles.

 

 
 
 
 

ENTREGA DE PREMIOS

 

 

Ás 12:15h deste luns 22 de maio, o director do centro, Óscar Iglesias Fernández e a coordinadora de Dinamización Lingüística, Graciela Grande ; entregaron os premios ás gañadoras do concurso de marcapáxinas.

 

1º PREMIO Alba Echeverri 3º ESO

 

 

 

 

2º PREMIO Claudia Soler 1ºESO

 

 

 

3º PREMIO Olivia Tapia 3º ESO

 

PARABÉNS!!!!!!

 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

 

XA TEMOS GAÑADORES/AS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2023.

 

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO!!!!!

 

O xurado composto por membros do equipo directivo, coordinadora de Dinamización Lingüística, alumnado integrante do equipo de Dinamización e tres profesoras do centro, determinou que as gañadoras do concurso deste ano foran:

 

1º PREMIO. ALBA ECHEVERRI PALEO 3º ESO

 

2º PREMIO. CLAUDIA SOLER TEJADA 1º ESO

 

3º PREMIO. OLIVIA TAPIA MARTÍNEZ 3º ESO

 

O marcapáxinas gañador foi impreso e servíu de agasallo para todos os membros da comunidade educativa.

 

MENCIÓNS ESPECIAIS:

 

 

  • SABELA MEL. 3º ESO
  • MARIANA CARACAS. 3º ESO
  • CARMEN VALES.3º ESO
  • NEREA FERNÁNDEZ. 4º ESO

 

 

 

 

PARABÉNS!!!!

A entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 22 de maio na Biblioteca do IES Miraflores ás 12:10h.

 

AS COUSAS DE DON PACO. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO LETRAS GALEGAS 2023

A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA.CURTAMETRAXE

CORRELINGUA 2023

 

Na casa, na escola, bota a lingua fóra

O pasado venres 5 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato xunto coas profesoras  do departamento de Lingua Galega e de Plástica e Visual acudiron ao Correlingua da cidade da Coruña.

 

O noso instituto ía moi preparado para este momento cunha pancarta realizada polos estudantes da materia de Debuxo Técnico, cuns emoticonos e frases tradicionais galegas. Iamos con disfraces de emoticonos e outros levaban uns pequenos carteis en forma de bocadillo de cómic.

 

Con isto queriamos fomentar o uso do galego nas redes sociais como Instagram ou  Tiktok, demostrando que pode ser unha lingua moderna e usada en todos os contextos sociais.

 

O Correlingua é un evento organizado pola Asociación Cultural Correlingua, xunto   coa axuda de asociacións como A Mesa pola Normalización Lingüística e a  Asociación Socio Pedagóxica galega, de varios concellos e das Deputacións de Lugo, Coruña e Pontevedra. O concello de Oleiros colaborou conosco nesta actividade facéndose cargo do custo dun autobús.

 

O obxectivo do correlingua é convidar aos nenos e adolescentes de distintos centros educativos galegos, a reivindicar a lingua galega e defender a importancia que ten.

 

Neste ano acudiron máis de 2000 alumnos de escolas e institutos de varios concellos ademais do de Oleiros: A Coruña, Cambre, Carral, Cerceda, Vimianzo, Laxe…

 

Xuntámonos ás 11h na explanada do estadio. Realizouse primero un percorrido dende o pavillón de Riazor   ata a Torre de Hércules, que durou aproximadamente unha hora e media. As persoas coas que nos cruzabamos saudaban e interesábanse pola actividade.

 

Ao chegar, ao pé da Torre de Hércules, Ines Rey, a alcaldesa de A Coruña, fixo un pequeno discurso agradecendo a participación e o compromiso que tiñan o alumnado e o profesorado en conseguir a normalización lingüística e en coidar a nosa lingua que forma parte do noso patrimonio cultural.

 

Alumnos e alumnas do IES de Elviña leron o manifesto deste ano con moito entusiasmo. A continuación deron a coñecer o gañador do concurso de pancartas que foi o centro  CPI O Cruce de Cerceda. Ían cunha proposta moi innovadora mencionando o metaverso; no palco, na recollida do premio demostraron que o galego tamén é valido para utilizalo nas cancións actuais, facendo versións en galego delas.

 

A nosa proposta de pancarta tamén era de premio! Agora témola exposta con orgullo no corredor de arriba do centro.

 

Para rematar, puidemos desfrutar un pouco da música do grupo de rock galego  Cuarta Xusta, gañadores do Cantalingua

 

Fixemos unha entrevista a dúas alumnas do instituto Lucía e   Alba sobre como foi a súa experiencia no Correlingua.

 

-Levamos unha pancarta moi chamativa ,uns emoticonos e uns carteis. Canto tempo levou facelos?

 

L: Foi unha pancarta feita polo alumnado que cursa a materia optativa de

 

Debuxo Técnico e levoulles un par de meses preparala coa axuda da súa profesora.

 

 

A: Os carteis foron feitos por alumnos e alumnas que ían axudar a facelos durante algún  recreo.

 

 -Que representan todos os emoticonos e as frases?

 

 

A: Queremos reivindicar que o galego pode usarse nas redes sociais, como mostra a nosa pancarta cos símbolos de Instagram ou Tiktok, aplicacións moi utilizadas por nós.

 

-No voso caso, falades normalmente galego?

 

A: No meu caso coa miña familia non o utilizo e no instituto utilizámolo cando a materia é dada polo profesorado en galego. E no meu día a día utilizo o castelán.

L: Eu tampouco o utilizo coa familia e normalmente no instituto entre os compañeiros falamos en castelán, excepto cos profesores que nos falan en galego.

 

Segundo o alumnado, o Correlingua foi unha experiencia diferente e entretida, Tamén   unha maneira de adentrarse na loita pola lingua galega. Ademais viron os diferentes puntos de vista sobre o galego do alumnado doutros centros e dos adultos que fixeran o evento, polo que desfrutaron bastante desta actividade.

 

 

 

Redactora: Alba Macía.

 

 

 

  

 

 

 

REGUEIFAS

Hoxe veu regueifar ao Miraflores Lupe Blanco. A de Coristanco veunos ensinar os princípios básicos desta arte popular. 

O alumnado de 4 ESO entregouse por completo á actividade e de entre eles pode que saia algún futuro regueifeiro/a.

Unha actividade que de seguro, repetiremos!!!!

A sesión estivo organizada polo Equipo de Dinamización do IES Miraflores e o Concello de Oleiros.

CHARLA DE LOIS PÉREZ

O venres 5 de maio, o alumnado de 2º ESO asistíu no salón de actos do centro a unha charla-coloquio co escritor Lois Pérez, autor do libro que leron neste terceiro trimestre: A gruta da torre editado por Xerais.

Unha novela que como el mesmo apuntou, naceu nun momento complicado, no confinamento, movido polo medo a perder aos seus seres queridos, e por e para o seu fillo. Nunha época na que viu que a necesidade dunha resposta era unha cuestión esencial na condición humana e, se non a tiñamos, a vida non tiña sentido. Esa falta de resposta foi o que o moveu a escribir para lerlle polas noites ao seu fillo. E esa resposta atopouna na infancia: esa etapa na que todo está resolto".

Con A gruta da torre, Lois Pérez, proclamouse vencedor do V Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade.

Os rapaces e rapazas preguntáronlle por aspectos do libro no que se rememora un verán da década dos noventa na vila de Ribadeo onde Lois descubrirá, a través da súa atracción por Vanessa, as primeiras experiencias amorosas e achegarase coa súa cuadrilla á fronteira entre o mundo dos xogos infantís e o problemático mundo dos maiores. Non só no que ten que ver cos perigos aos que se ven expostos, senón tamén no que ten que ver cos sentimentos e emocións, que comezan a descubrir nos seus propios corpos e mentes. O poder evocador dos libros A biblioteca, e un libro de viaxes de Marcel Schowb que o protagonista comeza a ler, actúa na historia como unha porta aberta a outros mundos.

Sen dúbida, coñecer máis de cerca a este mestre, poeta e contador de contos lucense, foi unha experiencia moi positiva para todos.

A actividade estaba organizada polo Departamento de Lingua e Literatura galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

 

 

MENÚ MES DE MAIO

Distribuir contido


by Dr. Radut