Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Entroido 2024

O venres 9 de febreiro celebramos un concurso de disfraces no IES Miraflores con motivo do antroido.

Pulsando sobre a seguinte imaxe pódese acceder á unha carpeta na que se poden ver distintas fotografías da celebración.

Se algunha persoa considera que algunha fotografia non é axeitada ou debe ser retirada, por favor, que escriba un correo electrónico o máis axiña posible a vicedireccion@iesmiraflores.gal

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO – CENTROS ADSCRITOS CURSO 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO.

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Juana de Vega e CEIP Plurilingüe da Rabadeira), informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO no IES Miraflores para o curso escolar 2024-2025 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado estará exposta no taboleiro de anuncios dos centros adscritos e de adscrición.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NO IES MIRAFLORES.

O prazo para formalizar a matrícula será publicado nesta páxina web (a previsión é que sexa entre o 23 de xuño e o 7 de xullo de 2024).

Subvención do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros, de acordo co disposto no artigo 28.9 das Bases de Execución do Orzamento para 2023, concede a subvención nominativa de 11.020,00€ ao IES Miraflores, a cal será destinada á realización de actividades educativas, culturais e deportivas, eventos e celebracións conmemorativas e á adquisición de material didáctico de carácter funxíbel.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

ORDE DO 29 DE XANEIRO DE 2024 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024, DESTINADAS AO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED504B).

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de conco­rrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das com­petencias en linguas estranxeiras do alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2024.

Esta nova convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso aos formularios de inicio polas persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase «Actividades de formación en linguas estranxeiras», co código de procedemento ED504B.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda.

As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguin­te ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024, ambos incluídos).

Día da muller e a nena na ciencia

A semana do 11 de febreiro celebramos o día da muller e a nena na Ciencia. O luns 5 realizamos un taller de bioadsorción de elementos contaminantes guiados por Xanel Vecino, profesora e investigadora da Escola de Enxeñaría industrial da Universidade de Vigo. O alumnado de Cultura Científica de 1º Bach preparou esférulas de adsorción de alxinato de calcio e comprobaron a súa eficacia retirando sulfato de cobre. Este proceso, a escala industrial, permite retirar contaminantes de difícil separación en tratamentos de augas e verquidos de industrias como a agroalimentaria, coa que Xanel e o seu equipo están a aplicar os resultados da súa investigación.

Visita ao CITEEC Stembach 2023/24

O martes 23 de xaneiro visitamos, co alumnado Stembach, as instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Acompañados da enxeñeira, Gemma Rojo, coñecemos catro laboratorios de ensaios sobre materiais e estructuras: Un túnel de vento, unha darsena, na que se simula o efecto da ondaxe sobre as infraestructuras portuarias, o laboratorio de construcción, no que poñen a proba a resistencia dos materiais, e o laboratorio de hidráuloca, que conta cun modelo a escala da instalación de abastecemento de augas da Coruña e varios simuladores de chuvia.

ACTIVIDADES ENTROIDO 2024

Con  motivo da celebración do Entroido, o vindeiro venres, 9 de febreiro, de 12:30 a 14:00, vaise levar a cabo na pista cuberta un pequeno concurso de disfraces co alumnado de ESO.

Todo o alumnado, ESO e bacharelato, poderá vir disfrazado da casa pero só participará no concurso o alumnado de ESO. En ningún caso poderá levar a cara tapada. O disfrace debe ser respectuoso e non poderá entorpecer o normal desenvolvemento da actividade lectiva.

As catro primeiras sesións lectivas impartiranse de forma habitual. De 12:00-12:10, o alumnado da ESO poderase disfrazar ou completar o seu disfrace na aula co profesorado correspondente.

Ás 12:45 comezará o concurso de disfraces na pista polideportiva cuberta ata as 14:10.

O uso do móbil estará prohibido aínda que a previsión é instalar un photocall onde a xente disfrazada poderá ser fotografada por algunha persoa autorizada para elo.

Polo que respecta ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato, será o profesorado de 5ª e 6ª hora quen decida, segundo as súas necesidades docentes, se lle imparte clase ou acompáñao a ver o festival.

Roteiro xeolóxico por Cabo Ortegal

O pasado venres, 26 de xaneiro, profesorado e alumnado de 1ª de bacharelato e 4º PDC realizamos unha viaxe no tempo xeolóxico. Achegámonos ás raÍces dunha cordilleira de 10.000 m de altitude, ollamos as cicatrices do peche dun océano, poidemos ver o impacto na paisaxe dun “glaciar de bolsillo” e contemplamos o efecto de miles de toneladas de presión marcado nas enrrugadas rochas.


Coa compaña do Dr. Fran Canosa, aprendemos que a area da praia pode ser multicolor, localizamos minerais magnéticos, asomámonos aos acantilados máis altos da Europa continental, arrincamos fragmentos nun dos afloramentos rochosos máis extraordinarios do planeta e paseamos atravesando o límite entre a codia e o manto terrestre.

TEATRO EN FRANCÉS

O día 22 de xaneiro o alumnado de francés de 3º e 4º ESO e de bacharelato disfrutou dunha representación de teatro en francés: Emilia arrive à Paris, en A Coruña

SEMANA BRANCA. ANDORRA 2024

231 alumnos e alumnas do IES Miraflores de entre 1º da ESO e 1º de bacharelato puideron gozar da neve na actividade “Semana Branca” que se levou a cabo entre o 6 e o 13 de xaneiro na estación de Grand Valira (Andorra).

O centro desprazou ao alumnado en 5 autobuses acompañado por 12 profesores/as.

O seu comportamento foi extraordinario, aproveitando as clases de esquí/snow board e o tempo libre, tanto de práctica como de lecer.

Dende o IES Miraflores entendemos que a educación é moito máis que unha mera transmisión de coñecementos de aí o esforzo que se fai dende o centro para levar a cabo este tipo de actividades extraescolares que contribúen enormemente tanto ao enriquecemento persoal como á mellora da convivencia entre o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut