Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Intercambio co Lycee René Cassin de Bayonne

Este curso 2022/23 retomamos o intercambio con Francia, organizado polo departamento de Francés do noso IES. Pulsando na imaxe pódese acceder ás fotografías deste intercambio.

Visita ASPACE

O alumnado do IES Miraflores que participa no proxecto Talentos Inclusivos.

Nesa visita fixemos entrega de varias cartas para usuarios da asociación.

No seguinte enlace pódese acceder á publicación que fixo o CITIC sobre a visita

Defensa dos proxectos STEMbach

Durante a tarde do martes 14 de marzo o alumnado que cursa o segundo ano de STEMbach defendeu o seu traballo de investigación ante un tribunal formado por profesores da Universidade de A Coruña e do IES Miraflores. Nicolás Agüero, Diego Campo, Guillermo Amor e Daniel Sexto faláronnos de como traballaron no desenvolvemento e análise da propiedade de novos polímeros para realizar envases biodegradables e sen emisión neta de CO2, explicáronnos a montaxe e programación dun robot para que, de forma autónoma, identifique un obxecto e se dirixa cara el, ou do emprego dunha plataforma analítica de código aberto para construír e adestrar unha intelixencia artificial que recoñeza e clasifique imaxes. Ao longo das exposicións e diálogo co tribunal, os alumnos compartiron as súas experiencias traballando man a man con investigadores das áreas de física de materiais, ciencias da computación e tecnoloxías da información e relataron os retos e dificultades que xurdían nas diferentes fases do proxecto e como traballaron para superalas.


Os alumnos recibiron as felicitacións e parabéns dos membros do tribunal pola participación no programa, o desenvolvemento dos traballo e as defensas presentadas.

Clasificacións V Carreira da Luz

O venres 21 de abril un grupo de afeccionados logramos celebrar a V Carreira da Luz conseguindo unha importante participación que servirá para colaborar coa fundación DIEGO GONZÁLEZ RIVAS.

Nos seguintes enlaces poderedes acceder ás clasificacións por cada categoría. A primeira columna indica o posto no que o/a participante entrou na meta en cada proba. Logo podedes ver o dorsal e a categoría.

Clasificación Prebenxamín

Clasificación Benxamín

Clasificación Alevín

Clasificación Infantil

Clasificación Cadete

Clasificación Xuvenil

Clasificación Júnior

Clasificación Promesa

Clasificación Senior

Clasificación Veterano

Clasificación Superveterano

En caso de calquera dúbida pódese enviar un correo a carreiradaluz@iesmiraflores.gal

Moitas gracias pola colaboración e axuda.

Espectáculo poético

O alumnado de 4ºESO participou os días 9 (4ºESO B e C) e 3 de marzo (4ºESO A) no espectáculo poético realizado pola poetisa Yolanda Castaño, quen recitou algunhas das súas composicións, reproduciu varios dos seus videopoemas e comentou a súa experiencia de vivir da escrita en galego.

Xornada de aprendizaxe e análise do estado ecolóxico dun espazo natural

O alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, de 1º Bacharelato, acompañado por profesorado dos Dptos de Bioloxía e Educación Física e persoal do Grupo Naturalista Hábitat, visitou o ENIL Torre de Hércules para coñecer os hábitats de interese comunitario que existen na zona, as ameazas debidas ás especies exóticas invasoras (EEI) e os traballos de recuperación ambiental mediante voluntariado que O Grupo Naturalista Hábitat, en colaboración coa Universidade da Coruña e o Concello da Coruña veñen realizando na contorna, en particular a eliminación da EEI Carpobrotus spp. Durante a visita as alumnas e alumnos realizaron -baixo moi adversas condicións meteorolóxicas- mostraxes de campo para cuantificar a biodiversidade en parcelas ocupadas por Carpobrotus, parcelas non invadidas e parcelas que foron recuperadas tras a erradicación das EEI. A partir dos datos obtidos elaborarán un informe e compararán a biodiversidade nas diferentes parcelas e avaliarán a eficacia dos traballos de recuperación dos hábitats.

Masterclass "Física de partículas coas mans"

Os alumnos de Física de 2º de bacharelato, Iago Mella, Candela Moreno e Nicolás Agüero, tiveron a oportunidade de asistir á masterclass do IGFAE “Física de Partículas coas mans”, celebrada o venres 3 de marzo.

A xornada comezou na Aula Magna da facultade de Matemáticas da USC ás 9:30 e rematou ás 17:00.

Durante esa xornada, o alumnado asistiu a varias charlas impartidas por especialistas en física de partículas, realizaron os seus propios experimentos e, posteriormente, debateron os resultados a través de videoconferencia con investigadores do CERN e outros estudantes de diferentes países.

Aproveitando a ocasión visitaron algunhas outras facultades da USC.

 Seguro que desfrutaron moito e aproveitaron ao máximo a experiencia!

Entroido 23

O venres 17 de febreiro celebramos o antroido no IES Miraflores.

Clicando na seguinte imaxe pódense ver as fotografías que fixemos durante esa actividade.

Se alguén quere facilitar máis fotografías, pode envialas a vicedireccion@iesmiraflores.gal

 

Visita de usuarios de Aspace ao IES Miraflores

O día 1 de febreiro diversos asistidos de ASPACE fixeron unha visita ao noso centro dentro do proxecto Talentos Inclusivos.

Participaron activamente na vida do centro con algunhas reunións e charlas co alumnado de 3º ESO.

Visita á residencia de anciáns "Valle Inclán"

O pasado 13 de xaneiro un grupo de 33 estudantes do IES Miraflores foi visitar aos anciáns da residencia "Valle Inclán" de Oleiros. A actividade foi organizada en colaboración co Club de Lectura e o departamento de Música.

O alumnado foi camiñando hasta a residencia e, unha vez alí, fixeron unha acolledora mostra de cancións, bailes, interpretacións con guitarra e exhibición de patinaxe así como algunhas pezas dos anos 50 interpretadas ao piano e acompañadas polos anciáns cantando.

Foi unha velada altamente enriquecedora para ambas institucións que estableceron un forte vínculo de cariño e recoñecemento e que dará pé a futuras visitas.

Distribuir contido


by Dr. Radut