Skip to Content

Dinamización lingüística

CONCURSO DE EPITAFIOS.SAMAÍN 2022

CONCURSO DE EPITAFIOS IES MIRAFLORES

 

 

Se hai que morrer, morremos, pero morrer por morrer...”

Un epitafio é unha inscrición sobre unha tumba que se pon en memoria da persoa morta.

O termo provén do grego e significa sobre ἐπιτάφιος (epitaphius) formada de ἐπί (epi = sobre) y τάφος (taphos = tumba).

Polo xeral,este tipo de inscricións son reflexións sobre a propia vida, a filosofía da morte ou sobre a existencia en si da mesma. Ao final, trátase de escribires o que che gustaría que puxesen de ti na túa sepultura...

Eu se teño que pensar en calquera de vós, poñería: Aquí xace alguén que non entrou na Aula Virtual ata o mes de maio... ha,ha, ha...

Como vedes poden ser tamén algo retranqueiras, como somos os galegos e galegas.

OLLO , SEMPRE DENDE O RESPECTO!!!!

Déixovos aquí as bases do concurso.

  1. Poderá participar todo o alumnado do centro.

  2. O prazo remata o 28 de outubro.

  3. Deberá estar escrito en galego.

  4. O formato será o do tamaño dunha postal estándar A6. É dicir, duns 105x148mm. Presentarase nunha cartolina negra e escrito o epitafio en gris , branco ou prateado.

  5. Pola parte de atrás deberá levar o nome, apelidos e curso.

  6. Unha vez que estea colocada a Lápida no 1º andar ao lado da Biblioteca, poderedes ir pegándoos soamente pola parte de arriba para poder ver o autor/a do mesmo na parte de atrás.

  7. Os epitafios serán manuscritos.

  8. O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

  9. O fallo do xurado será o día de San Martiño,11 de novembro, data na que se fará entrega dos agasallos aos tres finalistas.

  10. Premiarase a orixinalidade e o uso da lingua galega.

 

Animádevos a participar e escribir o epitafio co que vos gustaría ser lembrados!!!!!

MENÚ OUTUBRO

A LÚA VAI ENCUBERTA DE MANUEL MARÍA. ESTE MARTES NO TEATRO ROSALÍA...É DE BALDE,ANIMÁDEVOS A IR!!!!

CARMELA,A VOZ DE APPLE QUE PODE LER EN GALEGO!!!!!

MENÚ DE COMEDOR SETEMBRO

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!!!!!!.BENVIDOS/AS

180 ideas de Humor galego | humor, chistes humor, sarcasmo e ironia

 

Como ben dicimos os galegos:NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA... polo que parece que poderemos retomar todas as actividades presenciais que quedaron no esquecemento por mor da pandemia. Retomaremos esas e promoveremos outras que agardamos que sexan do voso agrado.

Estamos abertos/as a calquera suxestión.

O Proxecto deste ano leva por título: CAMIÑO ANDADO e versará fundamentalmente sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023 .

Como reza a galeguiña “Con sentidiño...” pero EMPEZAMOS A CAMIÑAR DE NOVO

Para os que non nos coñezades, o Equipo de Dinamización do IES Miraflores está integrado por:

 

-Profesorado:

Beatriz Mantiñán

Vanessa Lista

Eva Valiño

Jose Emilio López

 

Coordinadora:

Graciela Grande

 

-Alumnado:

Ana Belén Fernández

Felix López

Carla Sánchez

Bruno Araújo

Alba Echeverri

 

Persoal non docente:

Rosa M. Sánchez


 

Se algún de vós está interesado/a en formar parte do Equipo, estaremos encantados... Poñédevos en contacto coa coordinadora. 

PREMIO PLAN PROXECTA " CLASES SEN FUME"

 

 

O alumnado de 1ºESO A realizou este fantástico video...

https://www.youtube.com/watch?v=fOuWW3XUpZE

Parabéns!!!!!

 

APUNTÁMONOS A NON BEBER

CADERNOS DE VIAXE A ANDORRA

O alumnado de 1 Bach de Debuxo artístico elaborou estes cadernos de bitácora ilustrados da viaxe que fixeron en abril a Andorra.

 

 

ILUSTRANDO CLÁSICOS

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut