Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

ROTEIRO XEOLÓXICO DO ALUMNADO DE BACHARELATO Á MARIÑA LUCENSE

O venres 27 de xaneiro un grupo de 25 alumnos de bacharelato pertencentes ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Xeoloxía e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, viaxou ata a Mariña Lucense acompañado polos seus docentes, para participar nun roteiro xeolóxico guiado polo divulgador e doutor en Xeoloxía Francisco Canosa Martínez.  
As baixas temperaturas non impediron que que gozásemos dunha formidable clase de Xeomorfoloxía e descubrísemos paisaxes sorprendentes e inexploradas como os “Cantís de papel”, formacións graníticas de extraordinaria beleza, esculpidas pola acción do vento e a influencia do mar.  
Visitamos tamén a Praia das Catedrais, unha das máis bonitas do mundo, onde aproveitando a marea baixa, investigamos cales eran os principais materiais da contorna: capas de dura cuarcita alternando con lousas máis brandas. Máis de un deixou alí as unllas! Entendemos tamén a orixe destes materiais a partir da compresión de sedimentos de areas e fangos, depositados fai centos de millóns de anos nas costas do hemisferio Sur. Case nada!  Abraiados pola beleza dos arcos mariños, rematamos a mañá observando in situ as catro etapas da súa evolución temporal.

Finalizamos o día en Burela visitando a zona do Perdouro, recoñecida como Geosite (lugar de importancia xeológica de relevancia internacional) onde nos explicaron o tren de dobras de preto de 300 millóns de anos, orixinado a consecuencia da oroxenia Varisca.  
Non hai mellor aula que a propia Natureza!

Conmemoración 25N

O alumnado do IES Miraflores participou en diversas actividades contra a violencia sexista para conmemorar o 25 de novembro.

a) Concurso 
Aldara Pérez, alumna de 2º ESO D, participou co deseño dun cartel no concurso de imaxes gráficas contra a violencia de xénero convocado pola Xunta de Galicia. A súa proposta ecléctica transmite diversas mensaxes co obxectivo de concienciar á sociedade e á comunidade educativa. O centro agradeceu a súa participación co agasallo de dous contos cuxa temática está relacionada coa igualdade e co 25N. Os títulos regalados, e que dende o centro animamos a que toda a comunidade lea, son: Solo mía de Raquel Díaz Reguera e As mulleres que cultivaban néboas de Bea Gregores.

b) Contribución ao 25N

O alumnado de 1º ESO do centro participou nunha campaña iniciada dende a materia de Lingua castelá e Literatura para contribuír á loita do 25N. A actividade consistiu en que os estudantes realizasen unha fotografía da palma da súa man en posición de "stop" e que engadiran unha mensaxe concienciadora sobre ela. Tras isto, elaboráronse varios murais con todas as fotografías que se distribuíron por distintos espazos do centro.

 

c) Portas 1º ESO

Os estudantes de 1º ESO tamén participaron noutra iniciativa relativa á loita contra a violencia de xénero. Nesta ocasión, imprimíronse en cor lila as letras que compoñen a mensaxe "NON" e o símbolo feminino. Sobre estes elementos, os participantes escribiron titulares do ano 2022 relacionados ca temática. O resultado serviu para reflexionar sobre a enorme cantidade de casos de violencia que se seguen producindo na actualidade.

 

d) O Departamento de Debuxo, con varios grupos elaborou unha serie de carteis e unha gran banda na que se recollían diversas mensaxes

 

 

 

XEOLOXÍA GRÁFICA

Baixo o título de “Xeoloxía Gráfica” os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Plástica do IES Miraflores expoñen diversas representacións de fenómenos xeolóxicos realizadas polo alumnado da materia Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato.

Empregando diferentes soportes (trípticos sen texto, pósters, maquetas) amósanse e explícanse métodos de estudo do interior da Terra, fases da tectónica de placas e deformacións (dobras) dos materiais rochosos.

 

Subvención Concello de Oleiros ano 2022

Entrega de diplomas STEMbach

Despóis de dous cursos de traballo a maiores da actividade lectiva do bacharelato varios alumnos do noso IES remataron o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach).

O día 21 de xuño no paraninfo da Universidade de A Coruña o conselleiro de Educación, o reitor da UDC e outras autoridades procederon á entrega dos diplomas acreditativos do logro acadado por todos ese alumnos.

Volvendo a unha esperada normalidade, este curso puideron estar acompañados polas súa familias durante o merecido acto de recoñecemento.

 

VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS DA UDC

Nunha intensa visita á Facultade de Ciencias, o alumnado de Bioloxía de 1º Bach tivo a oportunidade de coñecer e participar no traballo de varios grupos de investigación. Dende a reconstrucción paleocimática da lagoa de Doniños pasando pola creación e avaliación de materiais de descontaminación ata a realización dun dactilograma empregando ferramentas da policía científica. Agradecemos ao Decanato da facultade e aos Departamentos de Química, Xenética, Microbioloxía e Ciencias da Terra a súa amabilidade e acollida.

POLOS CREATIVOS

O pasado martes 26 de abril o alumnado que participa no proxecto Talentos Inclusivos acudiu ás instalacións do Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, a amosar o seu traballo dentro da presentaión do proxecto "Polos Creativos"

Un gran número de persoas interesáronse polo traballo realizado, como se pode ver na imaxe.

Unha parte importante da comunidade educativa do IES Miraflores puxo de manifesto o seu interese en participar no proxecto de Polos Creativos.

Trataremos de elaborar un proxecto para esta convocatoria, que suporá un maior traballo para o profesorado e alumnado participante, a cambio dunha importante dotación material para o centro.

SAÍDA AO MONTE PINDO

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica de 1º Bacharelato participou nunha andaina polo Monte Pindo, partindo de Quilmas (33 msnm) ata o cumio de " A Moa" (627 msnm), onde lembraron algo do aprendido sobre a historia xeolóxica de Galicia, comprobaron sobre o terreo as formacións máis relevantes da paisaxe granítica e coñeceron algún dos endemismos de fauna e flora sobre os que desenvolveran un traballo previo.

VISITA DO ALUMNADO DO IES MIRAFLORES Á DOMUS - PCR

Alumnas e alumnos de 4ESO e 1BACH do IES Miraflores foron investigadores forenses por un día.


Utilizando mostras reais e equipamento dun laboratorio de xenética molecular traballaron nos "laboratorios abertos da DOMUS" na investigación da escea dun crime. Empregaron as técnicas da PCR e a electroforese en xel de agarosa para comparar as mostras atopadas na escea do crime co perfil xenético dos sospeitosos.

Defensas STEMbach Cursos 2020/2021/2022

O pasado martes 29 de marzo o alumnado do IES Miraflores que participou no STEMbach iniciado en setembro de 2020 realizou a defensa do seu Proxecto:

Nerea Rey Sanduende defendeu o proxecto 'Innovación con impresora 3D para crear productos de apoio para persoas con diversisade funcional', elaborado coa titorización da profesora da UDC Thais Pousada e a axuda da profesora do IES Elena González. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e o representante da UDC Javier Pereira. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

Íñigo Gallego Toral defendeu o proxecto 'Evolución da economía española no século XXI', elaborado coa titorización do profesor da UDC Joaquín Enríquez e a axuda da profesora do IES Graciela Grande. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e a representante da UDC Laura Varela. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

Borja Lago Cascón defendeu o proxecto 'Gustaríache crear unha empresa vinculada coa economía circular? Análise da viabilidade dunha inciativa empresarial de economía circular', elaborado coa titorización do profesor da UDC Fernando del Llano e a axuda da profesora do IES María Gómez. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e o representante da UDC Alejandro Manuel Fernández. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

Pablo Fernández Fernández defendeu o proxecto 'A tecnoloxía RFID nun sector de negocio: lecer, seguridade, sanitario, etc.', elaborado coa titorización dos profesores da UDC María Martínez e Ángel Fernández e a axuda do profesor do IES José Luis Domínguez. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e o representante da UDC Daniel Garabato. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

A seguinte fotografía ten un elace para acceder a algunha das imaxes que quedan deses momentos

 

Todas as persoas relacionadas co IES Miraflores felicitamos ao alumnado participante polo excelente traballo realizado.

Distribuir contido


by Dr. Radut