Skip to Content

Dinamización lingüística

OBRADOIROS DE POESÍA NO IES MIRAFLORES

OBRADOIROS DE POESÍA NO IES MIRAFLORES

 

Quen teme a poesía? Impartido por Antía Otero o 8 e 9  de xuño  dirixido ao alumnado de 2º ESO.

Antía mandoulles escribir o que lles daba medo e o que non da poesía,reflexionaron sobre a mesma e desmitificaron dito xénero.

Entre palabras  obradoiro  impartido por Dores Tembrás o mércores  8 de xuño dirixido ao alumnado de 4º ESO

Estiveron traballando nun poema e seleccionando cadansúa palabra importante...

De seguro que de aquí sae algunha poetisa ou algún poeta de sona...!!!!

A actividade estivo organizada por Normalización do Concello de Oleiros e o Equipo de Dinamización do IES Miraflores.

II CONCURSO TIK TOK CONCELLO DE OLEIROS

Siguiendo - Mira videos publicados por los creadores que sigues | TikTok

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2022

 

 

Xa temos os gañadores/as do Concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2022. Florencio Delgado

1º Premio: Nerea Fernández 3º ESO C

2º Premio: Elba Montes Méxigos 2º BACH C

3º Premio: Alba Dina Amakrane 3º ESO B

 

Parabéns!!

A entrega de premios terá lugar ás 10:30h  o mércores 18 de maio na Biblioteca

 

FALANDO A BOCA CHEA

MENÚ COMEDOR MES DE MAIO

  

ANTONIO M.FRAGA NO IES MIRAFLORES

 

O mércores 27 de abril, o alumnado de 3º ESO asistíu no salón de actos do centro a unha charla de Antonio Fraga sobre o seu libro Santoamaro publicado pola Editorial Xerais.

Puidéronlle facer preguntas sobre a súa faceta como escritor así como doutros aspectos do libro e a continuación asinou os exemplares.

Unha sorte contar coa súa presencia...!

 

 

ENTREVISTA A ÓSCAR IGLESIAS DIRECTOR DO IES MIRAFLORES

17 GRUPOS GALEGOS QUE NON TE PODES PERDER

ENTREVISTA A MANOLO RIVAS

ENTREVISTA A DIEGO AMEIXEIRAS

Distribuir contido


by Dr. Radut