Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Defensas STEMbach Cursos 2020/2021/2022

O pasado martes 29 de marzo o alumnado do IES Miraflores que participou no STEMbach iniciado en setembro de 2020 realizou a defensa do seu Proxecto:

Nerea Rey Sanduende defendeu o proxecto 'Innovación con impresora 3D para crear productos de apoio para persoas con diversisade funcional', elaborado coa titorización da profesora da UDC Thais Pousada e a axuda da profesora do IES Elena González. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e o representante da UDC Javier Pereira. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

Íñigo Gallego Toral defendeu o proxecto 'Evolución da economía española no século XXI', elaborado coa titorización do profesor da UDC Joaquín Enríquez e a axuda da profesora do IES Graciela Grande. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e a representante da UDC Laura Varela. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

Borja Lago Cascón defendeu o proxecto 'Gustaríache crear unha empresa vinculada coa economía circular? Análise da viabilidade dunha inciativa empresarial de economía circular', elaborado coa titorización do profesor da UDC Fernando del Llano e a axuda da profesora do IES María Gómez. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e o representante da UDC Alejandro Manuel Fernández. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

Pablo Fernández Fernández defendeu o proxecto 'A tecnoloxía RFID nun sector de negocio: lecer, seguridade, sanitario, etc.', elaborado coa titorización dos profesores da UDC María Martínez e Ángel Fernández e a axuda do profesor do IES José Luis Domínguez. O tribunal que a calificou estaba formado polo Director do IES Miraflores, Óscar Iglesias, a Coordinadora do STEMbach, Alma Figueroa e o representante da UDC Daniel Garabato. A nota acadada foi de SOBRESALIENTE.

A seguinte fotografía ten un elace para acceder a algunha das imaxes que quedan deses momentos

 

Todas as persoas relacionadas co IES Miraflores felicitamos ao alumnado participante polo excelente traballo realizado.

Actividades coas bibliotecas do Concello de Oleiros

Ao longo de todo este mes de marzo o alumnado do IES Miraflores acudíu a diversas actividades organizadas polas bibliotecas do Concello de Oleiros.

Estas fotografías son unha pequena mostra.

Entroido 2022

Pulsando na fotografía pódense ver algunhas das imaxes que nos deixou este entroido no IES Miraflores.

Visitas do alumnado do IES Miraflores á Domus

O venres 25 de febreiro remataron as visitas á DOMUS do alumnado de terceiro da ESO, organizadas polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O obxectivo da saída era asistir á disección dun corazón no "Laboratorio aberto." Resultou unha actividade guiada moi didática na que, logo de repasar a anatomía e fisioloxía deste órgano, puideron observar e interactuar coa súa estrutura interna.

Aproveitando que estabamos alí, visitamos a exposición BOCADOS, os alumnos e alumnas percorreron os diferentes paneis que a integran, en busca das respostas do cuestionario interactivo "kahoot" deseñado para a ocasión. Sen dúbida, un xeito diferente de seguir aprendendo!

Visita a Pontevedra

CHARLA ASEICA

Conmemorando o día da nena e da muller na ciencia, dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, participamos no evento Conócelas 2022, coordinado pola Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), e que ten como obxectivo visibilizar o traballo das mulleres investigadoras. As alumnas e alumnos do Bacharelato de Ciencias do IES Miraflores conversaron coa bióloga Tania Montes, que nos relatou como chegou a ser investigadora oncolóxica e coordinadora do laboratorio e como é o día a día nun laboratorio de investigación biomédica.

       charla imaxe aseica

Roteiro Cabo Ortegal

O pasado venres 30 de xaneiro, un grupo de 27 alumnos/as de bacharelato realizou un roteiro xeolóxico por Cabo Ortegal organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e guiado polo doutor e divulgador en Xeoloxía Francisco Canosa Martínez.

Se ben é certo que as saídas ao campo sempre teñen máis alicientes que as clases teóricas, o roteiro deste ano supuxo un disfrute adicional, ao levar tanto tempo sen este tipo de actividades por mor da pandemia.

Aparte de aprender Xeoloxía visitando formacións rochosas de granulitas, peridotitas, ecloxitas, etc., e entender os procesos polos que hoxe en día atopamos estas rarezas na superficie terrestre (propias de profundidades de máis de 70 quilómetros), gozamos dunha xornada de lecer aprendendo a valorar este patrimonio natural que na actualidade é candidato a Xeoparque Mundial da UNESCO.Cabo Ortegal

 

 

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

O Concello de Oleiros concedeulle ao IES Miraflores unha subvención directa de 10.420€ para actividades do Centro durante o ano 2021

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

 

Segundo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros concédese unha subvención directa ao IES Miraflores de 10420€ para actividades do Centro durante o ano 2021

 

Entrega de diplomas STEMbach

O luns 21 de xuño, no Salón de Actos da Facultade de Economía da UDC (Campus de Elviña) o reitor da UDC, Dr. Julio Abalde, acompañado da Vicerrectora de Planifiación Académica e Innovación Docente, Dra. Nancy Vázquez e a coordinadora co campus innova, Dra. Susana Ladra procederan a entrega dos diplomas correspondentes ao alumnado que cursou o STEMbach no bienio académico 2019-21 en colaboración coa UDC.

Polo que respecta ao IES Miraflores acudiron a recoller a mencionada distinción os alumnos que durante este curso 2020/21 presentaron os seus proxectos STEM:

  • Cabana Roca, Roi
  • Fernández Louzáo, Xián
  • Herrero Guillén, Manuel Nicolás
  • Longueira Pérez, Erea
  • Puertas Pérez, Sergio

Noraboa a todos eles polo traballo realizado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut