Skip to Content

Dinamización lingüística

V Concurso de Marcapáxinas Florencio Delgado

 

 

O Equipo de Dinamizacón da Lingua Galega do IES Miraflores convoca V Concurso de Marcapáxinas das Letras Galegas 2022.

O tema deste ano é a figura de Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

1. Participantes

Pode participar no  concurso todo o alumnado do centro.

2. Formato

O marcapáxinas realizarase nun rectángulo aproximado  de 22cm x 6cm. Debe ser cartulina sen motivos en relevo. A técnica será manual e libre e efectuarase  por unha soa cara.

3. Presentación de traballos

O marcapáxinas terá que recoller o nome do alumno/a e o curso.

4. Prazo e lugar de presentación

Os marcapáxinas serán recollidos polo profesorado de Lingua Galega que imparta clase en cada curso e a data límite de entrega será o venres 8 de maio.

5. Xurado

O Xurado estará composto por algún membro do Equipo directivo, a coordinadora do Equipo de Dinamización, un docente do centro e alumnado que pertence ao Equipo de Dinamización.

6. Criterios para a concesión do premio

A calidade e a orixinalidade dos traballos serán os criterios nos que se baseará o xurado para a resolución dos premios.

1º Premio. Agasallo e impresión do marcapáxinas para facer entrega ao resto do alumnado e profesorado

2º Premio. Agasallo

3º Premio, Agasallo

7. Entrega de premios

A entrega de premios  realizarase a mañán do luns 16 de maio na Biblioteca do Ies Miraflores

 

 

Menú de comedor Abril

Falando con Xoana

 

FALANDO CON XOANA

O mércores 6 de abril o alumnado de 3º e 4ºESO do IES Miraflores puido disfrutar no Salón de Actos do centro, da fermosa voz de Xoana.

A cantante porriñesa  intrepretou  algúns dos temas do seu disco Dardos  no que busca traballar «a prol da lingua galega», pero tamén tratar temas reivindicativos «en estilos que normalmente non se desenvolven en galego». Pop, rock, jazz, funky e reggae mestúranse nas  súas cancións  Uns traballos nos que  aborda  tamén as mulleres vítimas da violencia de xénero ou as persoas que teñen que marchar en busca dun fogar.

Estivo en todo momento acompañada  do seu  profesor José Portela que foi o que a animou a adicarse á música.

 

Xoana está a piques de sacar o seu segundo disco...que será de novo un éxito garantizado…

 

https://youtu.be/9t7AoqVxRvo

Fariña. Adiccións de hoxe. Teatro Colón

O alumnado de 3º ESO A asistiu o venres 18 pola mañán, ao Teatro Colón.

O actor X.A Touriñán e os doutores en Psicoloxía  Antonio Rial,Manuel Isorna e Patricia Gómez completan a experiencia teatral de Fariña de Nacho Carretero, cunha conversación participativa cos nosos adolescentes encol das adiccións de hoxe .

Un proxecto en colaboración coa Deputación de A Coruña e que  estivo organizada polo departamento de Orientación do IES Miraflores.

 

 

 

LEMAS 8 DE MARZO

CERTAME DE LEMAS DO CONCELLO DE OLEIROS 8 de MARZO

 

GAÑADORES E GAÑADORAS DO IES MIRAFLORES  

“Con dor non hai amor” Daniel Ares 1º ESO

“Non son unha amora para enredarme nas túas silveiras”. Xiana Longueira 1º ESO

“Se o presente é loita,o futuro é vida” Nicolás Díaz 3º ESO

 

Parabéns!!!!

 

 

CADROS DISFRAZADOS (VERSIONANDO OBRAS DE ARTE).Debuxo técnico II

O ENTROIDO DOS MITOANIMAIS. DEBUXO ARTÍSTICO II

OS NENOS DA VARÍOLA

 O alumando de Debuxo artístico I e II do IES Miraflores fixo esta magnífica recreación sobre o lobro Os nenos da varíola de María Solar 

 

 

 

 

MENÚ DE COMEDOR MES DE MARZO

CAMPAÑA 8 DE MARZO " Nin túa,nin de ninguén,Libre!"

Comeza a Campaña 8M que promove o CONCELLO DE OLEIROS

Nin túa nin de ninguén, libre!

Como o curso pasado farase un concurso de lemas co obxectivo de fomentar a consciencia feminista e transincluínte  entre o estudantado do Concello de Oleiros, así como promover o uso da lingua galega que parta da creatividade da mocidade. Aquí  vos deixo as bases e a folla de inscrición onde se incluirá o lema, se se quere pódese engadir un debuxo, ou simplemente escribir o lema que cada participante escolla. O 10 de febreiro remata o prazo.

Graciela Grande Xefa do departamento de Dinamización do IES Miraflores

Distribuir contido


by Dr. Radut