Skip to Content

VERSIÓNS. DEBUXO ARTÍSTICO I. 1ºBACHARELATO

 
A fonte de inspiración dos artistas pode estar na súa contorna ou no seu interior.
 
Calquera imaxe que por algún motivo esperte neles un interese especial pode servir de punto de partida para a súa propia expresión, mesmo cando esta imaxe é a creación doutro ou doutra artista.
 
O estudantes de Debuxo Artístico son animados a coñecer e analizar algunhas famosas versións artísticas para comprender que tamén esas versións, lonxe de verse coma plaxios ou copias, son en realidade orixinais e ás veces magníficas obras de arte en si.
 
As alumnas e alumnos de DEBUXO ARTÍSTICO I escolleron como base para os traballos que aquí se poden contemplar algunhas obras mestras da Historia da Arte nesta exposición titulada “VERSIÓNS”.
 
A simple escolla dunha obra de arte para traballar sobre ela é un acto de reflexión, xa que lles obriga a pensar o porqué desa elección, que é o que queren eles cambiar ou redefinir desa obra e que razóns fan que lles pareza interesante a súa modificación.



page | by Dr. Radut