Skip to Content

ILUSTRACIÓNS. DEBUXO ARTÍSTICO I. 1º BACHARELATO

A práctica que deu lugar a esta exposición baséase na particular correspondencia que se establece entre linguaxe plástica e linguaxe verbal.

Cando se le un relato, na imaxinación do lector se van creando imaxes. Se o autor ou autora describe a un personaxe, o aspecto dese personaxe se concretará dunha maneira para cada unha das persoas que len esa descrición. Tamén as imaxes dos escenarios van resultar únicas para cada lector xa que van depender da súa experiencia previa, da sensibilidade e da capacidade de imaxinar mundos propios. Así dun único relato común, as imaxes que xurdirán serán tantas e tan diferentes coma o sexan os lectores e lectoras.

A experiencia de ilustrar un libro único, que todo o alumnado leu ao mesmo tempo, pero adxudicando a cada un dos estudantes un so capítulo, corrobora esta idea: tan diferentes son as experiencias que nacen do mesmo relato como diferentes e dispares son as ilustracións creadas por eles.

De aí o valor da lectura, algo que non se alcanza, polo menos con tanta intensidade, ao ver unha película, xa que nesta última as imaxes son as mesmas para todos e o mundo que suxiren é necesariamente moi parecido para todos os espectadores.

Esta é a reflexión que se pretende suscitar entre o alumnado a través dunha experiencia coma esta: a diversidade e a potencia da linguaxe plástica como medio de comunicación diferente da linguaxe verbal.

 

Ilustracións Debuxo Artístico I

 

AdxuntoTamaño
Ilustracións Debuxo Artístico I.pdf1.33 MB


page | by Dr. Radut