Skip to Content

EXPOSICIÓN XELA ARIAS. POEMAS ILUSTRADOS

 

A práctica que deu lugar a esta exposición baséase na particular correspondencia que se establece entre linguaxe plástica e linguaxe verbal.
A intimista poesía de Xela Arias vai creando nos lectores imaxes persoais, moi diversas e mesmo dispares dependendo da sensibilidade e experiencia da propia persoa que se mergulla nela.
Nesta práctica, cada alumno intentou plasmar en imaxes o mundo que un particular poema desta autora espertou na súa imaxinación.
Os poemas fóronlles facilitados pola profesora, cada un específico para cada estudante segundo o criterio da mesma, pero despois entre eles puideron intercambialos, se os consideraban máis acaídos ou máis atractivos para convertelos en imaxes.
O exercicio completouse coa rotulación do poema.

Aquí podedes ver o resultado:

 



page | by Dr. Radut