Skip to Content

APRENDER VIAXANDO

O pasado domingo 28 de marzo do 2021 os alumnos de 3 º da ESO A do instituto Ies Miraflores de Oleiros (Galiza) emprenderon unha gran viaxe a Australia para coñecer a influencia galega que existe alí. Esta aventura rematou coa chegada á Coruña o luns 5 de abril.
Os fondos necesarios para a travesía foron obtidos nun concurso gañado por ditos alumnos. A vitoria proporcionoulles unha gran recompensa en metálico que cubriu practicamente todos os gastos, o restante foi pagado cunha venta de rifas que cedeulles o centro de estudos.

Realizaron o traxecto en avión, saíndo do aeroporto da Coruña o domingo 28 ás 22:40 e chegando ó de Sydney o martes 30 ás 18:55. Facendo escalas nos aeroportos de Barcelona (España) e Doha (Qatar). Durando en total 35 horas e 15 minutos.
Unha vez alí, aloxáronse no hotel Citadines Connect Sydney Airport , que se atopa a menos de 10 minutos do aeroporto. Reservaron 11 habitacións dobres e unha individual para a súa mestra.

Para o itinerario de volta saíron dende Sydney o domingo 4 ás 15:50 e chegaron á Coruña o luns 5 ás 11:35. Facendo escalas en Doha (Qatar) e Madrid (España). Levando a cabo 27 horas e 45 minutos de treito.

Sobre a relación entre Galiza e Australia descubriron que diversas teorías afirman que os galegos chegaron antes que James Cook, inglés ao que se lle atribúe o descubrimento, a Australia e Nova Zelandia.
“Robert Langdon, o historiador da Universidade de Camberra, publicou en 1988 A carabela perdida, libro no que xustifica e defende ditos pensamentos. Nel explica que os galegos chegados á illa de Amanau pertencían á carabela San Lesmes, desaparecida da expedición de García Jofre de Loaísa cuxo obxectivo era consolidar os descubrimentos feitos por Magallanes. Segundo Langdon, os canóns atopados alí polos franceses eran de dita carabela. Asegura ademais, que estes tripulantes perdidos establecéronse en Australia, Nova Zelandia e Amanau.

Conta que cando Cook chegou a Australia, 240 anos máis tarde, atopou poboación branca e palabras que recoñece como galegas. Por outra banda, cre que a relixión de Amanau adora ó “Deus Ouro” por este metal dos europeos. Para concluír, expón que os celeiros que se comezaron a construír en Nova Zelandia non son máis que hórreos galegos.”- Explicábanos unha das alumnas de 3ºA.

Estes aplicados estudantes estiveron investigando tamén sobre a presenza de Galiza en Australia e Nova Zelandia, temos aquí o que atoparon:
Os “pataka”, son construcións maorís ben parecidas ós hórreos galegos, utilizados para gardar produtos do campo e as riquezas máis prezadas. Algúns estudosos sosteñen que o seu nome deriva dunha palabra galega, pero non pode ser o tubérculo debido a que no ano en que saíu a expedición de Loísa este aínda non fora traído de América. Outros din que proven do maorí, de “pa”(lugar pechado) e “takaa”(preparar a comida). Estes non son un lugar propio de visita.

Os eucaliptos, son orixinarios de Australia. Existen ó redor de 700 especies e na actualidade atópanse repartidos por todo o mundo. Debido ó seu rápido crecemento utilízase para a industria do papel, da madeira e para a obtención de produtos químicos. Estímase que actualmente hai máis en Galiza que en Australia.

Pero volvamos a aventura destes mozos. Segundo chegaron a Australia, o martes, quedaron descansando e desfrutando nas instalacións do hotel.
Ó despertar o mércores, xa coas pilas cargadas para ver sitios novos, os rapaces baixaron rapidamente a almorzar. Colleron un voo de Sydney a Gold Cost (pois indo en bus tardarían demasiado). E unha vez alí o primeiro que fixeron foi ver un pouco a cidade onde está localizado Billabong, despois de xantar estiveron pasando o rato na praia mentres que non comezaba a actividade de surf que tiñan prevista. Chegaron ó hotel moi cansos e foron directamente ás súas habitacións.

O xoves decidiron quedar no propio Sydney para facer turismo, para iso alugaron un bus que levoulles durante todo percorrido. Algúns dos lugares que visitaron alí, foron: a “Ópera de Sydney”, o “Sydney Harbour Bridge”, o porto de Sydney, o barrio máis antigo da cidade, os “Royal Botanic Gardens”, a “Catedral de Santa María”, o “Miradoiro de Mrs. MacQuarie” e o “Zoo Taronga”.

O venres colleron outro voo pero esta vez a Melbourne, para visitar a famosa cidade, alí tamén fixeron turismo coa diferencia de que movéronse pola cidade co tranvía. Descubriron lugares alleos a eles como o peirao de St Kilda, que conta coa especie máis pequena de pingüíns que existe. Foron tamén ó “Luna Park”, o parque de atraccións máis antigo da cidade. Entraron na “State Library Victoria”, que conta con varias plantas onde atoparon moitísimos libros. E antes de coller o voo de volta a Sydney, visitaron outros dos sitios máis relevantes do importante lugar.

O sábado, visitaron a última cidade do seu programa, Brisbane. Ó chegar, o primeiro que fixeron foi visitar o museo de arte moderno, o “Goma”, onde puideron ver moitísimas salas e exposicións. Xantaron nun dos restaurantes da zona e despois acercáronse polo “Lone Pine Koala Sanctuary”, que é a reserva de koalas máis antiga e grande do mundo. Foron tamén, a “Sea World”, un amplo parque de temática mariña. Subiron á noria xigante de Brisbane e por último, aproximáronse a “Kangaroo point”, punto coas mellores vistas da cidade ó atardecer.

O domingo quedaron no hotel preparando a equipaxe para o itinerario de volta á Coruña.
En resumen, esta viaxe tivo resultados moi positivos, os estudantes quedaron encantados e aprenderon moitísimo. A todos pareceulles moi interesante tanto a relación entre Australia e Galiza como os lugares que visitaron. Dixéronnos que estarían encantados de realizar máis actividades como esta. Así que xa sabedes, institutos de Galiza, seguide o exemplo do Ies Miraflores de Oleiros e vivide unha experiencia única entre profesores e alumnado.

A xornalista: Lucía Martín Sampedro.



page | by Dr. Radut