Bioloxía e Xeoloxía

SPOT PAPEL H

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Vídeo educativo realizado polo alumnado da materia CTMA de 2º de Bacharelato do curso 22/23 do IES Monte Castelo de Burela.

Este vídeo forma parte do Proxecto "Conecta a Natureza" dos Polos Creativos.

 

 

ENLACE AO VIDEO "SPOT PAPEL H"

 

Excursión a Cervo

O alumnado de 1º ESO foi de excursión ao paseo dos namorados para coñecer o mundo dos cabalos e a natureza do entorno.


                     

Conferencia "Descubrindo a alimentación sana, ecolóxica e natural"

Conferencia "Descubrindo a alimentación sana, ecolóxica e natural"

O luns 22 de febreiro  na aula de usos mútliples ás 19 horas tivo lugar unha conferencia/obradoiro titulada "Descubrindo a alimentación sana, ecolóxica e natural" impartida pola profesora de bioloxía Silvia Méndez Alonso dirixida a familias e alumnado de 3º de ESO.

Os obxectivos son coñecer os piares básicos dunha alimentación saudable, valorar o contido de azucre dos alimentos que poden atoparse en calquera casa, degustar alimentos ecolóxicos e saudables, elaborar "in situ" un leite vexetal e un paté saudable.

Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais en colaboración co de Departamento Actividades Extraescolares.

   

 

 

Visita á zona do Perdouro

Novembro 2013- Alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha visita á zona do Perdouro para analizar a flora e a fauna intermareal. Ademáis alumnos de bacharelato da materia de Bioloxía exerceron de guías, explicando ós máis pequenos. Esta actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía coa colaboración de membros de protección civil do Concello de Burela.

Plan Proxecta: Salvavidas

CARTEL GAÑADOR NO CONCURSO SALVAVIDAS
 
Xa temos gañador do concurso de carteles sobre Doazón, gañou o cartel da alumna de bacharelato Codé
s Lillo Irimia. Ademáis podedes ver o resto de carteis que se presentaron no blog: http://salvavidasmontecastelo.blogspot.com.es/2014/02/cartel-ganador-no-concurso-de-salvavidas.html
NORABOA!!!!

 

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE 2014

                                                    

 

 

O mércores 19 de febreiro no aparcadoiro do instituto de 10:30 a 14 horas e das 16:30 a 21 horas estará instalada a unidade móbil para poder doar sangue. Organizado polo Centro de Transfusión de Galicia

O obxectivo é sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida. Trátase de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.

O martes 18 de febreiro houbo charlas informativas polas aulas á cargo de Alicia Figueiras, técnica do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes.

            

 

                 

DONACIÓN E TRASPLANTES

                                                                           

O martes 18 de febreiro de 12:20 a 14 horas Marta Álvarez Vázquez impartiu una conferencia a alumnos de 3º e 4º de ESO e a alumnos do Ciclo de Saúde Ambiental. Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais.

 

 

Consulta o blog:   http://www.sondoador.blogspot.com.es/

 

O centro participa no Plan Proxecta 2013/2014 no programa Salvavidas para implicar e sensibilizar ó alumnado de 3º de ESO e de 2º de CS Saúde Ambiental nos temas de doazón e transplante de órganos. A profesora coordinadora e Mª Isabel Mojardín Vázquez.

IV Día da Ciencia en Galego

IV Día da Ciencia en Galego

O próximo martes 12  realizarase unha videoconferencia para alumnos de 1º de BAC de 12:30 a 13:30 horas. A videoconferencia titulase "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" e o relator será Jorge Mira Pérez, doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade está organizada polos departamentos de Física e Qúimica, Bioloxía e Xeoloxía e Normalización Lingüística.

Máis información na páxina: http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php

 

 

 

 

Curso de verán 2013

Os días 3 e 4 de xullo desenvolverase un curso de verán da UDC titulado: "Facendo a Ciencia accesible a través da divulgación" dirixido pola profesora de Química Mª Inés García Seijo en colaboración coa Universidade da Coruña e co IES Monte Castelo.

 
   
   

 

Día da Ciencia en Galego

Celebramos o III Día da Ciencia en Galego

O luns 5 de novembro pola mañá " Exposición a redor da bicicleta" no que participa o departamento de tecnoloxía realizando unha exposición temática sobre a bicicleta na entrada do centro. Ademáis cada alumno aporta unha foto dunha bicicleta e inclúe un lema para animar a usar este medio de transporte que evita a contaminación do planeta.

Pola tarde ás 16:15  ¡¡¡Animate, Ven ó centro en Bici!!

Chegada ó centro en bicicleta.Recepción nos exteriores do IES. Realización de diferentes actividades programadas. Exhibición de BMX (acrobacias extremas en Mountain Bike) a cargo de José Leiras nas pistas polideportivas exteriores.

   
   

Día da Ciencia no Monte Castelo

O IES Monte Castelo o mércores 25 de abril celebra o Día da Ciencia, os alumnos de 1º Bac explican o resto dos seus compañeiros diversos experimentos.

Visita as instalacións de Pescados Rubén

Alumnos da asignatura de Ciencias Medioambientais e do Ciclo de Saúde Ambiental visitaron as instalacións de Pescados Rubén para coñecer o proceso de conxelación e embalaxe do peixe e visitar o laboratorio de control e calidade de alimentos.

Distribuir contido