PAP Comenius Multilateral "ECO GAIA"

Avaliación final do proxecto

A Agencia Nacional OAPEE realizou a avaliación final do proxecto Comenius ECOGAIA cun resultado positivo.

Viaxe a Italia-ECOGAIA

Fotos da viaxe:

   
   
   

Festa final do proxecto Comenius ECOGAIA en Italia 2012

Alumnos de 2º ESO e 1º BAC viaxaron a Italia para participar na festa final do proxecto Comenius ECOGAIA no que participa o centro nos últimos dous anos con centros de Francia, Italia e Rumanía.

Exposición sobre cambio climático

Na entrada do instituto está durante o mes de marzo a exposición do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre cambio climático.

Con esta exposición preténdese concienciar á poboación e poñer en pé iniciativas para aprender e actuar a favor do clima, mostrando o impacto na natureza do efecto invernadoiro. Móstranse os sinais do cambio no noso planeta e as solucións que podemos adoptar, así como a existencia de redes sociais que facilitan o intercambio de ideas e experiencias para unha posta en común.

   

 

 

 

 

Viaxe a Italia- Festa final de proxecto ECOGAIA

Realizarase unha viaxe a Italia con motivo da Festa Fin de proxecto ECOGAIA dende o 10 de maio ata o 19 de maio.

A festa será os días 12 e 13 de maio en Larciano na que participarán alumnos de 2º ESO e 1º BAC.

 

 

DÍA 
ITINERARIO
10  MAIO

VIAXE DE BURELA A TARBES (Francia)

11 MAIO VIAXE DE TARBES A GÉNOVA (Italia)
12 MAIO

GÉNOVA-PISA-LARCIANO

Encontro co alcalde de Larciano/ Visita pobos medievais nos arredores/ Cea na escola preparada polos pais e alumnos italianos

13 MAIO

FESTA FINAL DE PROXECTO COMENIUS ECOGAIA-LARCIANO

Chegada a Castelmartini en Larciano/ Visita guiada a Reserva Natural das Marismas/ Taller de construcción de obxectos con materiaisde reciclaxe/ Exposición das obras realizadas por cada país no proxecto ECOGAIA/ Comida en Castelmartini/ Xogos tradicionais de cada país/ Realizar e facer volar cometas/ Espectáculo coa temática de respeto ó medioambiente/ Cea

14 MAIO

LARCIANO-VOLTERRA

Salir de Larciano hacia Volterra e Larderello/ Xantar en Volterra/ Reunión final do proxecto Comenius ECOGAIA/ Cea en Volterra

15 MAIO  LARCIANO-SIENA-LARCIANO
16 MAIO  LARCIANO-FLORENCIA-LARCIANO
17 MAIO  LARCIANO-BOLONIA-SAVONA
18 MAIO  SAVONA-TOULOUSE
19 MAIO  TOULOUSE-BURELA

Elaborando xabóns con Voz Natura

O IES Monte Castelo de Burela, dentro do programa de Voz Natura donde elaboraron xabóns con aceite reciclado e con forma de follas de árbores, ó ser éste eo Ano dos Bosques. Encarganse de esta actividade as profesoras Isabel Mojardín e Ana Fernández, tamén María Xesús Fuentes con alumnos de 3º de ESO. Colaboran tamén alumnos e profesores de Artes, que preparan os moldes para os xabóns. Ademáis diseñan marcapáxinas con papel reciclado. Voz Natura promociona a educación medioambiental a través da Fundación Fernández-Latorre, de La Voz de Galicia.

 

ELABORACIÓN DE XABÓN DE AVEA

Materiais:

-Recipiente de plástico

-Vaso de precipitados ou calquera recipiente para medir o aceite e a auga

-Balanza

-Culler de madeira

-Moldes

Ingredientes:

-47gr de sosa

-80gr de avea

-280ml de auga

-280ml de aceite de oliva(pode ser aceite reciclado)

-un pouco de xel de aloe vera

-dúas ou tres gotiñas de esencia

 

Procedemento:

Disolver a sosa en auga, engadindo a sosa aos poucos e tendo moito coidado cos vapores que desprenderá. Esta reacción liberará moita enerxía (reacción exotérmica), por iso o recipiente comenzará a quentarse.

A continuación engadimos a avea e logo o aceite, o xel e a esencia sen parar de remexer, sempre na mesma dirección, ata que teñamos unha pasta da textura da maionesa.

   

Podemos darlle diferentes cores:

A continuación botamos a mezcla nos moldes:

E esperamos dous ou tres días para que se solidifique.

Unha vez desmoldado, o xabón deberá continuar secándose e non poderá ser utilizado ata polo menos un mes máis tarde da súa elaboración.

 

 

 

A ecopesca, unha alternativa de futuro

Basilio Otero, patrón maior da Confraría de Burela e presidente do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal impartiu unha conferencia titulada "A ecopesca, unha alternativa de futuro" a alumnos de 2º de ESO coa idea de concienciar sobre a pesca sostible.

 

A industria do ferro

Un ferreiro amosa ós alumnos como é o seu oficio, como unha posta en valor do noso patrimonio cultural.

EXPOSICIÓN: O PATRIMONIO DE GALICIA

Estivo exposta unha mostra sobre o Patrimonio Marítimo de Galicia pertencente ó CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

   

Premio CONAMA á Sostenibilidade

O IES Monte Castelo colabora co Concello de Burela para acadar o premio CONAMA (Congreso Nacional Medio Ambiente) á sostenibilidade de pequenos e medianos municipios.

As técnicas de GAIA acudiron o centro para conseguir votos para o barco museo Reina do Carme.

Aula Medioambiental-Barco Museo Reina del Carmen

 

Distribuir contido