ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Galicia Skills (un ouro e un bronce para o centro)
A FP Básica do centro competiu un ano máis en Galicia Skills, nas especialidades de carpintaría e ebanistaría. En Carpintaría Dani obtivo a medalla de ouro e en ebanistaría Moha obtivo a de bronce.
Moitos parabéns aos dous!
Sen dúbida estes éxitos son importantes para o seu futuro persoal e profesional.
A maiores, a necesaria promoción da F.P. como opción de futuro vese favorecida na comunidade educativa grazas a estas actividades.