Skip to Content

O EDL entrevista ao comercio de Silleda que usa o galego: comezamos con Carmiña Moda

Creación de cursos na Aula Virtual (Moodle)

Un novo programa de Rock in Radio para Radio Colmeiro, desta volta adicado a Astarot

Colaboración do instituto e o concello desde a normalización lingüística

Hai un ano publicábamos un informe sobre a situación da sinaléctica en Silleda. Unha das conclusións máis importantes era que, se ben por parte das administracións había un compromiso co uso do galego (case un 90% dos sinais recollidos viñan neste idioma), non sucedía o mesmo por parte dos establecementos comerciais, onde os niveis de uso do galego estaba na veciñanza do 20%.

PENDENTES: CALENDARIO DE EXAMES FINAIS MAIO 2014

Para consultar o calendario picar sobre o adxunto.

Durante esta semana temos no centro a exposición InvestigArte

Durante esta semana temos polos corredores do centro a exposición InvestigArte da Fundación Barrié na que se mostran 30 fotografías científicas, pero con beleza artística, de alumnado de centros de ensino do país e investigadores.

 

 

 

O xoves ven Rosa Aneiros a falar cos de bacharelato, sortudos!

O xoves ven a escritora Rosa Aneiros, que ven de publicar a segunda parte de Amote Leo A.,  a falar co alumnado de bacharelato. Sortudos!

 

 

 

O noso vídeo para o Correlingua, boísimo!


Non gañamos,pero deberíamos.....

Visitounos o escritor Suso de Toro

Tivemos o enorme privilexio de poder escoitar en persoa ao escritor Suso de Toro, falamos con el, aprendemos e na súa honra adicámoslle unha aula.  Xa daremos conta da entrevista que lle fixemos.

 

Se estás cursando 4º de ESO ou 1º de BAC, tes boas notas e interese polas matemáticas e as ciencias en xeral, esta información pode interesarche.

Saíu a convocatoria dos "Campus Científicos de Verán". Que son? Estancias dunha semana nunha universidade española participando nun proxecto científico e convivindo con estudantes doutras comunidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut