Se estás cursando 4º de ESO ou 1º de BAC, tes interese pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación e boas cualificacións académicas, poden interesarche os "Campus Científicos de Verano". Se saes seleccionado/a participarás nun proxecto de achegamento científico desenvolvido nunha universidade española e convivirás con rapaces e rapazas doutras comunidades. Anímate!
Xa se iniciou o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016. Fai clic nesta ligazón para acceder á información oficial.