Skip to Content

PODES VISITAR "EDUGAL" do 17 ao 19 de febreiro en Pontevedra

SALÓN DE OFERTA DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN GALICIA

Acreditación de competencias

Comunícase que con data 8 de xaneiro de 2016 foi publicada a convocatoria do proceso de acreditación de competencias dirixido a persoas con experiencia profesional que carecen de certificación oficial da súa cualificación.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e remata o 8 de febreiro de 2016.

Segunda convocatoria de axudas para material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG do 10 de novembro a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 [ver arquivo adxunto].

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xornada de acollida das familias do alumnado da ESO

O día 15 de outubro (xoves) terá lugar a sesión de acollida das familias do alumnado da ESO. A actividade dará comezo ás 19.30 horas na aula Audiovisuais 3 e desenvolverase de acordo co seguinte guión:

MATERIAS PENDENTES

Empezou outubro e con el as clases das tardes para recuperar algunhas das

materias pendentes.

Consulta o calendario adxunto.

Tamén atoparás información sobre a titoría de pendentes e os procedementos máis habituais para a recuperación das materias.

 

Calendarios para organizar o curso

Un ano  máis a Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha boa colección de calendarios escolares para programar mellor o curso.  De certo que hai algún que che é de utilidade. 

Fondo solidario 2015/16 - Adxudicación de libros de texto

No documento adxunto publicamos a listaxe definitiva na que figuran os libros que recibirá o alumnado de 2º e 4º de ESO que se acolleu á convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2015/16 (Orde de 21 de maio de 2015, DOG de 1 de xuño).

A entrega dos libros realizarase a partir do 16 de setembro nos termos que establece o artigo 19 da devandita convocatoria (pode consultala aquí).

Axudas para a adquisición de material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG de hoxe a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

-Ensinanzas e cursos aos que afecta. 

A convocatoria de material escolar diríxese ao alumnado matriculado en calquera curso de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Fondo solidario 2015/16 - Listaxes provisionais

Nos documentos adxuntos poden consultarse as listaxes das solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto 2015-16 para 2º e 4º de ESO (Orde de 21 de maio de 2015; DOG de 1 de xuño).

Prazo e lugar de reclamación: días 8 e 9 de xullo no IES Pintor Colmeiro.

Máis información nesta ligazón.

Horarios das probas extraordinarias de setembro [2015]

Na sección DOCUMENTACIÓN [aquí] está publicado o calendario das probas de setembro de 2015.

Distribuir contido


by Dr. Radut