Skip to Content

Preinscrición CUALE 2023/24

Un ano máis o IES Pintor Colmeiro vai solicitar a Consellería de Educación a impartición do progama CUALE – Inglés para o vindeiro curso.

Vas cursar 4º ESO e queres conseguir o certificado A2? Xa tes o nivel A2 e queres conseguir o B1? Estarás en ciclo ou Bacharelato e queres certificar o B1?

Aquí tes o formulario de preinscripción. Tamén podes recoller o impreso en Secretaría.

Prazo: ata o 10 de xullo

Se necesitas máis información acerca do programa CUALE: https://view.genial.ly/5efa64dda91a2e0d1ceb54d5/presentation-programa-cu...

Admisión a ciclos formativos [2023/2024]

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2023/2024.  

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas comezará o 23 de xuño ás 9 horas e prolongarase ata o 5 de xullo ás 13 horas.

A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision]. 

Información de interese:

  • Web da Dirección Xeral de Formación Profesional [aquí].
  • Admisión a ciclos de grao medio [aquí].
  • Admisión a ciclos de grao superior [aquí].
  • Instrucións xerais de admisión [aquí].
  • Información xeral para centros [aquí].
  • Orde do 15/06/2016, pola que se regula a admisión a ciclos formativos [aquí].
  • Buscador de centros con oferta de FP sostida con fondos públicos [aquí].
  • Buscador de ciclos formativos e cursos de especialización [aquí].

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras [2023]

Publicouse no DOG a Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Que facer despois do Bacharelato?

O Departamento de Orientación do noso centro elaborou un documento de interese para o alumnado de 2º de Bacharelato. Fai clic na imaxe para acceder. 

Non esquezas achegarte ao despacho de Orientación para recibir información personalizada. Agardámoste!

Novos currículos [ESO e Bacharelato]

O Consello da Xunta, na súa reunión do 15 de setembro de 2022, aprobou os decretos polos que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria, da ESO e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Currículo ESO [ver]
  • Currículo Bacharelato [ver]

Plan Dixital do Centro

No apartado PLANS E PROXECTOS da nosa web está publicado o Plan Dixital do Centro [ligazón], un documento elaborado por un grupo de docentes do centro ao longo do curso 2021/22. Foi aprobado polo claustro do profesorado e polo consello escolar nas súas respectivas reunións ordinarias de final de curso.

Actualización da normativa de avaliación (II)

A Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, introduce cambios na xestión da promoción e da titulación do alumnado. No mes de marzo publicamos un artigo no que resumimos as principais novidades [ver].

O novo marco normativo require actualizar algúns apartados da Concreción curricular do centro e adaptar as programacións didácticas das materias dos cursos afectados. En consecuencia:

  • Anunciamos que publicaremos as adaptacións das programacións didácticas a partir do día 13 de abril. Poden consultalas premendo nesta ligazón.

Actualización da normativa de avaliación

Publicouse no DOG de hoxe a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Nesta Orde desenvólvense os cambios que establece a Lei orgánica 3/2020 (LOMLOE) para levar a cabo os procedementos de avaliación, promoción e titulación. Trátase, por tanto, dun texto de gran relevancia que deberá ser estudado minuciosamente polos órganos de coordinación docente do centro para garantir a súa correcta aplicación.

A continuación ofrecemos varios documentos nos que as familias poden acceder a un resumo dos cambios que trae a nova normativa [elaboramos un documento por cada unha das etapas afectadas]. Tamén poderán consultar unha versión actualizada do calendario escolar, xa que houbo que reformular algunhas das avaliacións do mes de xuño.

Tarxeta Xente Nova

As empresas adxudicatarias do transporte escolar do noso centro comunican que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias que faga uso dese servizo deberá solicitar a tarxeta Xente Nova para poder viaxar gratis. Esta tarxeta será expedida por Abanca.

Máis información nesta ligazón.

Elena Colmeiro

A comunidade educativa do IES Pintor Colmeiro lamenta fondamente o pasamento de Elena Colmeiro, persoa moi querida tanto pola súa vinculación afectiva como polo seu labor artístico na destacada faceta de ceramista. Elena estivo moi vencellada á historia do noso centro de ensino dende os albores do mesmo. A súa presencia en diversas ocasións, caso do acto de nomeamento do instituto co nome do seu pai ou a inauguración da pirámide central, sempre foi relevante e significativa, aínda a pesar da súa delicada saúde e a súa lonxana residencia madrileña. Asemade, e como mostra da súa gran xenerosidade, costeou iniciativas como a instalación dun forno profesional de cerámica, doando a maiores dúas obras orixinais do seu pai Manuel Colmeiro.

A fotografía foi tomada en xaneiro de 2002 e recolle un dos momentos do acto no que se oficializou a doazón ao noso centro de dúas obras do pintor Manuel Colmeiro. De dereita a esquerda: Elena Colmeiro, Mª Teresa Pérez Tilve (directora) e Emilia González (viúva do pintor).

Distribuir contido


by Dr. Radut