Skip to Content

Darse de alta no Moodle para crear cursos na aula virtual.

Os que desexedes darvos de alta para a creación de curso na aula virtual na plataforma Moodle debedes mandar un correo electrónico ao coordinador TIC Xosé Manuel Rodríguez, xrodriguez@edu.xunta.es, indicando que queredes darvos de alta.

Presentación do proyecto didáctico Antonio Fraguas

Calendario escolar 14-15 da CGENDL

Outro ano máis a Coordinadora Galega de ENDL ofrécenos unha serie de calendarios escolares para poder planificar mellor o curso. Nesta ligazón podemos descargar o material tanto en formato PDF como en follas de cálculo.

O IES Pintor Colmeiro recibe o premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

O instituto Pintor Colmeiro de Silleda foi recoñecido co premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, organizado polo Museo do Pobo Galego. O proxecto A Paisaxe Lendaria e Toponímica do Concello de Silleda, redactado polo profesor lalinense Xoán Carlos García Porral, permitiulles alzarse cos 7.000 euros do galardón, na categoría de Educación Secundaria.

Horarios das probas extraordinarias de setembro [2014]

Na sección HORARIOS E CALENDARIO está publicado o calendario das probas extraordinarias de setembro de 2014. Podes acceder ao documento premendo nesta ligazón.

Convocatoria dos Premios Extraordinarios de BAC 2014

Dirixidos a alumnado de 2º de BAC que teña unha media de 8,75 ou máis nos dous cursos de bacharelato. Orde 12 xuño 2014 Concederanse 20 premios (en Galicia). En que consisten?

 - Dotación de 1000 Euros

O mundial fala galego

Curiosa campaña que nos mostra que a lingua que se fala en Brasil pódese considerar "galego do Brasil", entendes o que falan nos vídeos? Polo menos interesante...

 

 

 

 

Reunión do Claustro de fin de curso

26/06/2014 12:30

Reunión do Claustro de fin de curso e comida de fin de curso.

Entrega de notas

24/06/2014 10:00
24/06/2014 12:00

Entrega de notas polo/as titores/as.

Lémbraselle ao profesorado da necesidade de estar todos presentes para poder correxir posibles erros nas cualificacións.

Sesións de avaliación

23/06/2014 09:00
23/06/2014 14:30

Sesións de avaliación ordinaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut