Final Internacional en Toulouse do Rally Matemático

A noticia na prensa, na radio e na TVGA continuación pódese acceder (clickando en cada unha das imaxes) á difusión nos medios de comunicación do logro acadado polo noso alumnado de 3º ESO:

 

 

Sábado 5 de maio de 2018: No día de hoxe, despois de proclamarse campións, pasaron a mañá na Cidade do Espazo, e a estas horas están de viaxe de volta en autobús, estando prevista a súa chegada a Monforte de Lemos sobre as 7:00 da mañá, xunto co alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago cos que compartiron a viaxe e a aventura de asistir á superfinal do Rally Matemático en Toulouse.

Venres 4 de maio de 2018: O noso equipo proclámase gañador, na súa categoría de 3º de ESO, na cidade francesa de Toulouse na superfinal do Rally Matemático Sen Fronteiras.


Este é un campionato dirixido a escolares no que participan centros de numerosas rexións europeas e que chega este ano a súa 27ª edición. Na final competiron os 10 finalistas clasificados para a mesma e na tarde do venres os nosos 8 alumnos de terceiro de ESO alzáronse coa copa de campións, resolvendo de forma perfecta os catro exercicios de matemáticas que lles propuxeron e alcanzando a puntuación máxima de 20 puntos.

O equipo do IES Río Cabe estivo integrado polos seguintes 8 alumnos:  Carlos López Moral, Samanta López Vázquez, Brais Rodríguez Rodríguez, Pablo Rodríguez Traveso, Juan Sánchez López, Manuel Sánchez Touzón, Jaime Vázquez Pérez e Eva Willmott Pérez.

O Rally Matemático é unha competición de carácter colectivo, onde o alumnado debe organizarse para resolver o maior número de problemas posible, o que fomenta o espíritu de traballo en equipo e colaborativo, ao mesmo tempo que disfrutan das matemáticas dun xeito ameno, creativo e lúdico.

A final internacional do concurso estivo organizada polo "Institut de Recherche pour l'Enseignement des Mathématiques", e celebrouse en Toulouse coa intervención de equipos de diferentes rexións de España, Francia, Bélxica, Túnez, Rumanía ou Alemania, entre outros.

Unha vez que se proclamaron campións, tiveron tempo para pasear orgullosos co trofeo conquerido pola cidade de Toulouse e todos xuntos celebraron a vitoria cenando nunha crepería típica francesa. O domingo regresarán a Monforte coa súa copa de campións e unha experiencia que, sin dúbida, será inesquecible para todos eles.

Ao pe da páxina, clickando no albúm, accédese a unha recopilación de fotos da final.

C A M P I Ó N S !

Crónica do xoves 3 de maio de 2018: Chegaron a Toulouse sobre a unha do mediodía, así que puideron aproveitar a tarde para percorrer as súas rúas máis céntricas e visitar o Capitole, a basílica de Saint Sernin, a catedral e a zona de Pont Neuf. Esta noite toca descansar e prepararse para a proba de mañá, xunto coa profesora de matemáticas de 3ºC ESO que os acompaña, Concepción Piñeiro Rodríguez, e a xefa do departamento, Carmen Morais Torres.

Actualizaremos esta entrada da páxina web co acontecido na final e polo de agora podedes mirar as fotografías do día de hoxe no seguinte album:

Álbum: Extraescolares -> VI Rally Matemático - Toulouse