"Coaching no camiño" Charla de María Benita García

“Coaching no Camiño” foi o título da charla impartida por María Benita García Dacosta na aula de Turismo este luns, 4 de febreiro. 

A relatora conta con ampla experiencia como coach executivo e de saúde, ademáis de estar vencellada ao sector turístico na súa etapa coma responsable de marketing da Maison du Languedoc Rousillon. Foi tamén responsable do  desenvolvemento de estratexias de promoción turística para diversas rexións francesas no territorio español, entre outras experiencias laborais.

Na disertación relatou o programa do produto, “Coaching en el Camino” que comercializa a empresa Kam Move, da que é socia fundadora.

Segundo as súas verbas, trátase de aproveitar a introspección que o propio camiño de Santiago facilita para, aplicando técnicas de coaching, chegar ao autocoñecemento persoal.

Unha interesante toma de contacto co mundo do coaching que terá continuación no futuro.