Excursión de 1º e 2º de ESO a Lugo

 

O día 8 de Febreiro os alumnos de 1º e 2º da ESO de Relixión visitaron a cidade de Lugo, onde pasaron unha xornada cultural e lúdica.

En primeiro lugar fomos á Catedral,onde visitamos o claustro,o museo diocesano, subimos ás torres e por último pasamos pola nave da catedral,admirando as súas capelas e o altar maior. Despois nos trasladamos ao MIHL, onde puidemos contemplar exposicións e un video sobre a historia da cidade, como se foi construíndo. Tras esta visita tocaba ir a comer ás Termas. Á tarde fixemos un pequeno tramo do Camiño Primitivo dende a Porta de San Pedro ata a Catedral. Alí subimos á Muralla romana. Tralo recorrido volta para Monforte.