"Presente e futuro da Ribeira Sacra"

O pasado luns, 11 de marzo, tivo lugar na aula de Turismo a conferencia “Presente e futuro da Ribeira Sacra” impartida por Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

A exposición versou sobre o Consorcio, o seu funcionamento e os proxectos levados a cabo dende a súa creación no ano 2005 ata a actualidade, facendo fincapé no reto que supón a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Rematou a conferencia cunha mesa redonda onde o alumnado do CS de Guías, información e asistencia turísticas mostrou as súas inquedanzas relativas ao xeodestino.

Hai que destacar a boa disposición e implicación da poñente tanto na exposición coma na resolución das dúbidas plantexadas polo auditorio. 

Foi todo un pracer contar cunha profesional de referencia no sector turístico coma é Alexandra Seara.