"O violín no arte"- Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte

A Sociedade Filarmónica de Monforte comeza a súa tempada de concertos didácticos cun concerto dedicado ao violín combinado coa arte, facendo un percorrido dende o Barroco ata a actualidade. Vinte e dous alumnos de 4º da Eso desfrutaron este venres 14 de outubro dun gran violinista, Florian Vlashi, quen, acompañado do seu fillo ao violonchelo, interpretou exemplos famosos da historia da música. Ademais dunha interpretación maxistral, Florian Vlashi explicou a suprema importancia do violín nos diferentes períodos musicais e a súa presenza en importantes obras de arte de Caravaggio, Rafael, Matisse e Picasso. Durante o concerto tocou con tres violíns, barroco, clásico e eléctrico, interpretando obras de Bach a Xenakis. Unha experiencia enriquecedora e inesquecible para todos os que puidemos gozar dese concerto.