Música

Saída A Coruña e Premios María Casares de Microrrelatos

A finais do primeiro trimestre o alumnado de música  de 4º Eso e 1º Bac  do Cabe tivo a oportunidade de presenciar, xunto coa súas profesoras Eva Dios e Rocío López, un ensaio da Orquesta Sinfónica de Galicia na cidade de A Coruña. Un pracer que repetiremos sempre que haxa a ocasión. Despois foron ó MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnología, adicado á divulgación científica e tecnolóxica e á conservación.

 

 

 

 

 

Na mesma viaxe, alumnado de 4º Eso das asignaturas de Latín e Cultura Clásica visitaron a Casa- Museo Casares Quiroga coa súa profesora, Noelia Besteiro e posteriormente asistiron á recollida de premios do Concurso de Microrrelatos María Casares, que organizou o Xornal El Ideal Gallego con motivo do centenario do nacemento da actriz de cine e teatro Galega. A nosa máis sincera noraboa ó gañador Xurxo González, e ás finalistas Carmen López e Lucía de la Iglesia.

 

 

 

 

 

"O violín no arte"- Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte

A Sociedade Filarmónica de Monforte comeza a súa tempada de concertos didácticos cun concerto dedicado ao violín combinado coa arte, facendo un percorrido dende o Barroco ata a actualidade. Vinte e dous alumnos de 4º da Eso desfrutaron este venres 14 de outubro dun gran violinista, Florian Vlashi, quen, acompañado do seu fillo ao violonchelo, interpretou exemplos famosos da historia da música. Ademais dunha interpretación maxistral, Florian Vlashi explicou a suprema importancia do violín nos diferentes períodos musicais e a súa presenza en importantes obras de arte de Caravaggio, Rafael, Matisse e Picasso. Durante o concerto tocou con tres violíns, barroco, clásico e eléctrico, interpretando obras de Bach a Xenakis. Unha experiencia enriquecedora e inesquecible para todos os que puidemos gozar dese concerto.

 

Gravación de baile tradicional galego

O pasado 7 de Xuño, martes, os alumnos/as de 2º ESO participaron na gravación dunha coreografía de percusión corporal creada por Benito Builde, para unha canción tradicional galega. O obxectivo de dita actividade era reunir a varios institutos e compartir a experiencia de bailar todos xuntos. A gravación tivo lugar no claustro barroco do arquivo provincial de Ourense, participando un total de trinta e seis alumnos/as do IES Río Cabe.

 

 

 

 

Festexando a Música, día de Santa Cecilia

Música é  sinónimo de ledicia. Non quixemos no Río Cabe deixar de celebrar o día da patroa da música, o 22 de novembro, nin deixar de encher as nosas almas  desa ledicia que nos proporciona, especialmente en días tan difíciles como estes que nos tocou vivir.

Alumnado de ESO e Bacharelato quixeron participar na actividade levada a cabo pola profesora da asignatura, Eva, a quenes agradecemos a súa implicación.

 

Vídeos fin de curso - Depto de Música

O alumnado de música de e de ESO e 1º Bac realizou uns vídeos para celebrar o fin de curso. Parabéns a todos eles e a súa profesora, Eva, polo seu entusiasmo e bo facer.

 

.

3º ESO B - Despedida

   O día 21 de Xuño os alumn@s de 3ESOB desfrutaron dunha comida na Casa dos Muros para despedir o curso. Despois realizaron dúas actividades en salas de escape: Monasterio e O Santo Grial, un xogo colaborativo moi divertido onde a través de pistas descubriron a maneira de saír dunha pequeña sala.

 

 

 

 

 

Obradoiro "Ti sí que es un bo peixe"

Os Os alumnos de 3º de ESO participaron os  días 24 e 26 de maio nun programa chamado “Ti sí que es un bo peixe”, creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia e incidir e equilibrar nas súas dietas alimentarias. O programa constou de dúas partes: un obradoiro, dunha hora de duración e  levado a cabo por dous biólogos galegos,que sev centrou en dar a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar, peixes e mariscos representativos do mar de Galicia.

 

 

A segunda parte, o  día 26 de maio, na que  os alumnos de 3º de ESO, continuaron co desenvolvemento do programa, participando nunha excursión virtual a varias localizacións mariñeiras onde visualizaron distintas especies do fondo mariño e  a súa extracción e comercialización. Despois os alumnos levaron a cabo unha actividade de recoñecemento de bivalvos. Coa axuda de calibres explicouse a forma de medir o tamaño mínimo de das diferentes especies incidindo na importancia de cumprir e respectar os tamaños mínimos. Por último, antes de rematar a xornada lectiva se lles entregou a cada participante unha bolsiña  dun catering coas preparacións realizadas a base de peixe.

 

 

 

Musiqueando en las redes

 

O pasado mércores, 5 de maio, os alumnos de música de 4º da ESO participaron no “Musiqueando  en las redes”, unha iniciativa promovida desde a COAEM adaptada ás circunstancias que estamos a vivir pola pandemia. A través dunha videoconferencia puidemos aprender coreografías orixinais de percusión corporal realizadas en directo por Santi Serratosa.

 A intención do Musiqueando en anos anteriores foi sempre facernos visibles nas rúas das nosas ciudades, dando mostra do traballo que realizamos nas aulas de música.

Este ano tamén daremos esa proxección pero a través das redes sociais, subindo a gravación destas coreografías na última semana de maio. Os alumnos do Río Cabe uniranse a dita participación  para dar reflexo do importante que é a música na vida de toda a sociedade.

  

250 aniversario de Beethoven

Música, Literatura e Arte reuníronse  nunha exposición na que quixemos celebrar, o pasado 16 de decembro , o 250 aniversario do nacemento do compositor alemán Ludwig Van Beethoven. Todo o alumnado de ESO  e 1º de Bacharelato visitou a exposición acompañado dos seus profesores.

   Empezouse cunha visita á biblioteca, onde puideron desfrutar dunha exhibición de libros biográficos, películas, instrumentos musicais,  láminas e murais referentes á vida e obra deste músico, á vez que escoitaron unha selección de obras que mesmo puideron tararear por ser coñecidas por todos. Un vídeo curto sobre o autor serviu para recordar parte da súa traxectoria e pegada na historia da música.

 

   Seguidamente durante o recreo, arredor de oitenta alumn@s  realizaron no pavillón unha percusión corporal dunha das primeiras danzas alemanas compostas por Beethoven, ao tempo que se exponían uns murais retrato do compositor realizados polo alumnado e profesor de artes plásticas do instituto.

 

 

Agradecemos ós departamentos de música, debuxo e ó equipo da biblioteca a organización da actividade, así como ó alumnado que traballou nela. Tamén agradecemos ao Conservatorio de música de Monforte a súa colaboración no préstamo de violíns.


O alumnado da ensinanza de adultos tamén visitou a exposición en horario de tarde, acompañados  dos seus titores.

 Podes atopar máis información sobre a actividade no blog de Bibliocabe nos enlaces:

http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/exposicion-beethoven-250-anos-do.html?m=1

http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/beethoven-no-cine-e-nos-libros.html?m=1

http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/beethoven-celebrando-unha-vida-e-unha.html?m=1

 

Celebrando Samaín - Reto Jerusalema

 Máis reto que nunca!!

Distancia, mascarilla, aire libre.. todas as precaucións…, as necesarias .. Pero con todo iso, ós nosos valentes non lles faltan as gañas e a alegría para celebrar o  Samaín e  o que faga falta…

Por iso, e partindo do departamento de música, as alumnas e alumnos de distintos cursos da ESO do Cabe se animaron, o pasado venres 30 de outubro, a levar a cabo o reto Jerusalema, e co seu baile animaron o centro e o día dos que estabamos con eles.

Moitas grazas polo voso esforzo e entusiasmo a todos os que participastes no reto e a Eva pola organización da actividade. Confiamos que poidamos celebrar moitos máis retos en mellores condicións.

Distribuir contido