Música

Día Internacional da Danza 2018

Con motivo do Día Internacional da Danza, celebrado o 29 de abril, os alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC participaron hoxe nunha clase maxistral de danza creativa levada a cabo por PATRICIA VARELA DÍAZ, licenciada en danza pola Escola Superior de Danza de Lisboa e SARA FONDEVILA, profesora de danza e acrobacia na escola de baile TICS de Ourense, fundada por Patricia Varela. Os alumnos do Río Cabe puideron experimentar hoxe co seu corpo e aprender que a danza non só é un recurso para divertirse e expresarse senón tamén unha ferramenta fundamental para mellorar a saúde física e psicolóxica dos que a practican. Parabén aos alumnos/as pola súa implicación e os seus resultados. Aquí déixovos unha mostra!

Concerto didáctico de percusión en Lugo

O xoves, 12 de abril, o alumnado de Música de 4º de ESO e 1º de BAC  viaxou a Lugo para asistir  a un concerto didáctico de percusión e danza contemporánea  no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) presentado polo compositor galego Fernando Builde del Real.
Foi un  espectáculo de música e danza, Orixes,  concibido en dúas metades na que catro pezas populares e outras tantas contemporáneas refléxanse mutuamente a través dun espello do tempo, na procura de que unhas encontren nas outras as súas raíces.

Santa Cecilia 2017

O 22 de Novembro é o Día Internacional do músico, data que recorda a Santa Cecilia, a súa patroa ademais de mártir do cristianismo. Nesta data réndeselle homenaxe aos máis grandes xenios da música e a quen dedican a súa vida a esta arte. O alumnado músico do IES Río Cabe tamén quixo manifestarse interpretando distintas pezas musicais con instrumentos como o piano, violines, frauta, e como non coa voz. Agradecemos a todos a súa participación e desexámoslles que sigan gozando desta arte.

Facendo click na seguinte imaxe accédese á galería fotográfica desta actividade:

Álbum: Escolares -> Santa Cecilia 2017

Actuación de "Caspervek Trío"

Caspervek Trío ten a súa orixe no seno do Conservatorio Superior de Música de Vigo, cando no ano 2013 Brais González e Blas Casstañer xúntanse para musicalizar en directo o clásico de Murnau, "Nosferatu".

Hoxe en día este o trío, que tivemos ocasión de ver e escoitar no IES Río Cabe, está formado por Brais González, músico vigués que destaca como pianista e compositor, Blas Castañer, nado en Valencia e músico especializado na familia de percusión, e Raquel Fernández, reputada violinista.

Desde os seus inicios, este trío dedícase a compoñer bandas sonoras para películas de cine mudo, acompañando en directo proxeccións do expresionismo alemán, os cómicos norteamericanos do inicio do cine ou os grandes maestros rusos.

Caspervek é unha agrupación de proxección internacional que ten realizado xa cinco xiras europeas e tocado en importantes escenarios da cultura do noso continente ao longo de países como Estonia, Letonia, Hungría, Holanda...

Por outra banda, realizan tamén unha importante labor didáctica e pedagóxica, achegando o patrimonio cinematográfico aos máis pequenos. Exemplo disto son os ciclos realizados no Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña ou o Festival Primavera de Cine de Vigo.

Hoxe no IES Río Cabe continuaron coa súa labor pedagóxica ensinándonos a todos o seu traballo, o cal agradecémoslle enormemente.

Por último, salientar que no día de hoxe, martes 31 de outubro, ás 20:15 horas pódese disfrutar do seu traballo na Casa da Cultura do Concello de Monforte de Lemos, coa proxección do filme "O maquinista da general" de Buster Keaton e a súa música en directo.

 

Festival de fin de curso

Para despedir o curso 2016/2017 tivo lugar no salón de actos do IES Río Cabe un festival onde participaron a gran maioría do alumnado da materia de música de 2º, 3º, 4º ESO e 1º BAC. A organizadora e encargada do mesmo foi a profesora desta materia, Eva Dios González. Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da actividade e tamén podedes ver algún anaco dalgunhas das actuacións:

 

Vídeo de Musiqueando

A continuación podedes contemplar diferentes actuacións do noso alumnado o día de Musiqueando na rúa. A pesares de que foi unha xornada moi ventosa e de ser a primeira vez que nos estrenamos nesta actividade, non quedou nada mal. Hai que darlle as grazas a profesora de música, Eva Dios, organizadora deste acto, e ao profesor de tecnoloxía, Iván Capón, pola filmación e montaxe do seguinte vídeo-resumo:

 

Baile a cegas o "día dos namorados"

Nas semanas previas ao día dos namorados, 14 de febreiro, o alumnado e profesorado do IES Río Cabe fumos anotándonos na Aula de Música para participar na I Edición do Baile a Cegas.

No momento de apuntarnos colliamos un obxecto que soamente tería igual a nosa parella de baile e mentres tanto preguntabamonos quen sería a mesma.

Todos os participantes fumos á entrada do centro ás 11:15 horas do día 14 de febreiro, Día dos Namorados, levando connosco o obxecto e alí buscamos á nosa parella de baile para danzar ao ritmo da música seleccionada pola profesora Eva Dios.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Actuación do grupo "O Trícole"

Dentro dos actos do cincuenta aniversario da creación do IES Río Cabe, tivemos hoxe 10 de decembro, no salón de actos do centro, un concerto didáctico do grupo musical da localidade de Sober "O Trícole".

O seu Director, Alfonso Campos, (antigo alumno do Instituto) contounos moitas historias acerca dos villancicos, os usos e costumes das festas de Nadal e as tradicións galegas. Entre conto e conto "O Trícole" foi interpretando diferentes villancicos. Está formación está integrada por 17 persoas e un dos seus obxectivos é a recuperación de cantares tradicionais galegos e da comarca de Lemos.

Facendo click na seguinte imaxe accedese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Tamén podedes visualizar esta pequena mostra da actuación do grupo "O Trícole":

 

 

Actuacións musicais para despedir o curso 2014/2015

O Venres 19 de xuño, último días das actividades lectivas, a profesora de música Eva Dios González e os seus alumnos/as de 2º, 3º e 4º ESO organizaron no salón de actos do centro diferentes actividades musicais, que fixeron disfrutar ao resto do alumnado do centro para despedir o curso escolar 2014/2015. A continuación podedes ver algunha imaxe do concerto musical:

Distribuir contido