Curso 2016/17

Curso 2016/17

Excursión de fin de curso 2016/2017 do alumnado de 4º ESO

Domingo 25 de xuño: Xa estamos de regreso en Monforte de Lemos. No día de hoxe tivemos tempo para coñecer a cidade de Oporto e ver as súas espléndidas vistas do río Duero, así como realizar unha visita guiada pola Casa da Música.

Sábado 24 de xuño: Deixamos Lisboa e pasamos todo o día no Bioparque do Pissao, onde o alumnado tivo ocasión de facer as seguintes actividades: Paint-Ball, Tirolina, Rocódromo, Arborismo, descenso de toboganes e piscina. A estas horas xa estamos descansando no hotel de Oporto e mañá teremos ocasión de coñecer esta cidade.

Venres 23 de xuño: Saímos do Hotel ás 9:00 da mañá con destino ao Palacio de Queluz e seguidamente visitamos a vila medieval de Obidos. Recuperamos forzas xantando en Caldas da Rainha nun restaurante con buffet libre para pasar a tarde na praia de Carcavelos. Por último, despois da cea estivemos paseando polo centro de Lisboa para despedirnos da cidade, xa que mañá madrugaremos para marchar cara a Oporto.

 

Xoves 22 de xuño: Pola mañá visitamos o Monasterio dos Xerónimos e subimos á Torre de Belém e ao Monumento dos Descubrimentos. Despois de recuperar forzas co xantar nun restaurante nas cercanías do hotel onde nos hospedamos dirixímonos ao oceanario a contemplar un montón de animais mariños, para seguidamente facer unha viaxe de ida e volta no funicular e contemplar as maravillosas vistas da inmensa ponte Vasco da Gama, o  máis longo de Europa. Unha vez rematada a cea, aínda tivemos tempo e forzas para ir a dar unha volta ao centro comercial e un pequeno paseo nocturno.

Mércores 21 de xuño: No día de hoxe salimos do hotel cedo para viaxar á vila de Sintra, onde puidemos visitar, xunto coa guía que nos acompañou, o Castelo dos Mouros, chegando a subir á alcazaba máis alta de todas. Tivemos tempo de comer nun restaurante na parte baixa de Sintra e dar un paseo polas súas rúas. Despois de regresar ao hotel e facer un pequeno descanso dirixímonos ao centro de Lisboa para facer un percorrido a pé polos lugares máis importantes da cidade: Elevador de Santa Justa, Mirador de San Pedro, Elevador da Gloria, Catedral e Castelo de San Jorge; regresando ao Hotel pola avenida principal para disfrutar da cea ás 21:30 horas. Facendo click na imaxe accédese a unha pequena galería de imaxes da xornada de hoxe:

O alumnado de 4º ESO está de viaxe de estudos en Lisboa desde o martes 20 de xuño ao domingo 25. Nestes intres xa estamos instalados no Hotel e a punto de deitarnos, posto que no día de mañá hai que madrugar para visitar a vila de Sintra. No día de hoxe partimos de Monforte de Lemos ás 7:30 horas e, despois de facer varios descansos ao longo da viaxe, chegamos a Lisboa ás 14:30 horas "portuguesa" para ir a comer ao restaurante Chimarrao. Seguidamente fixemos o check-in no noso hotel e pola tarde tivemos tempo de facer unha visita guiada a cidade de Lisboa e dar un pequeno paseo polas rúas do centro histórico. Facendo click na seguinte fotografía accédese a unha pequena galería de imaxes da xornada e seguiremos informando nesta entrada da páxina web nos vindeiros días:

 

Festival de fin de curso

Para despedir o curso 2016/2017 tivo lugar no salón de actos do IES Río Cabe un festival onde participaron a gran maioría do alumnado da materia de música de 2º, 3º, 4º ESO e 1º BAC. A organizadora e encargada do mesmo foi a profesora desta materia, Eva Dios González. Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da actividade e tamén podedes ver algún anaco dalgunhas das actuacións:

 

Acto de graduación do alumnado de 4º de ESO

O venres 16 de xuño tivo lugar, no salón de actos, o acto de graduación do alumnado que remata a etapa da ESO no IES Río Cabe. Este humilde acto é a nosa pequena homenaxe aos nosos alumnos e alumnas. Para moitos e moitas delas é unha despedida e outros/as seguirán enchendo os corredores do Río Cabe nunha nova etapa.

 A todos queremos desexarvos o mellor.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías do acto e tamén podedes visualizar un anaco das dúas actuacións musicais do alumnado:

Sesión de intelixencia emocional con cabalos

No día de hoxe o alumnado do programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento de 2º e 3º de ESO participou nunha sesión de intelixencia emocional e adestrarmento con cabalos que tivo lugar no "Rincón da Finca El Carmen". Durante todo o curso participan en 3 sesións, onde traballarán cuestións relacionadas co desenvolvemento persoal a través dos cabalos, buscando coa diversión a reflexión sobre a súa relación con eles mesmos e co mundo que os rodea.

O alumnado de 2º ESO visita o museo de arte sacro

No día de hoxe, Luns 12 de xuño, o alumnado de 2º ESO visitou o museo de arte sacro das Clarisas de Monforte:

Viaxe a Hastings do alumnado de 2º ESO

14/06/2017: No día de hoxe remata a viaxe do alumnado de 2º ESO ao Reino Unido. Onte tiveron todo o día para coñecer a cidade de Londres, tiveron que acostarse moi temprano posto que ás 3:20 horas xa estaban  no hall do hotel para coller o autobus cara ao aeroporto. A chegada a Monforte está prevista para as 11:00 horas.

11/06/2017: Na fin de semana o alumnado tivo ocasión de visitar a vila de Brighton, onde pasaron todo o día do Sábado e o Domingo se tomaron un día de relax e estiveron na praia de Hastings, onde tiveron tempo para facer unha barbacoa:

09/06/2017: As profesoras acompañantes, Temi e Isabel, informan de que todo trascurre con normalidade e está moi ben tanto o alumnado como as profesoras. Durante os dous primeiros días da viaxe o alumnado estivo asistindo a clases de inglés en Hastings e no día de mañá teñen programada unha excursión a cidade de Brighton.

Lembramos a comunidade educativa que poden atopar máis información e moitísimas fotografías no Blog de LANGUAGE KINGDOM e tamén nas redes sociais (Instagram e Facebook de LKidiomas):

 


O Departamento de inglés do centro organiza unha viaxe de estudos ao Reino Unido durante unha semana na vila de Hastings, coa inestimable axuda da empresa LANGUAGE KINGDOM, adicada a formación e cursos de idiomas no estranxeiro.

Tras un día largo despois de sair de Monforte de Lemos ás 5 da mañá do mércores 7 de xuño, xa están instalados en Hastings acompañados polas profesoras do centro Temi Madarnás e Isabel Valledor.

No día de hoxe, empezaron a coñecer Hastings e xa deron os primeiros paseos pola vila, coñeceron a praza, as ruas máis importantes, a praia, a zona do castelo e as súas ruinas... Agora disfrutan da súa primeira noite en Inglaterra, cunha familia nova, casas diferentes, cultura e comida distinta. Espéralles unha semana fantástica, con días para practicar inglés e unha gran experiencia que recordarán durante moito tempo. Nos vindeiros días seguiremos informando desde esta páxina web sobre a viaxe e recordamos ás familias que poden consultar o Blog creado ao efecto por LANGUAGE KINGDOM:

 

Nota: Senón lembran o contrasinal ou teñen algún problema para acceder ao blog de Language Kingdom poden enviar un email ao centro ies.rio.cabe@edu.xunta.es e prestarémoslles axuda.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha recopilación de fotografías enviadas polas profesoras acompañantes:

Rota de Sendeirismo Uxío Novoneira 2017 - Alumnado de 1º ESO

O alumnado de 1º ESO do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos fixeron a rota de Sendeirismo do Poeta Galego Uxío Novoneira o luns 29 de maio do 2017.
 
A rota parte da aula da Natureza de Moreda no Concello de Folgoso de Caurel e logo de pasar pola aldea de Moreda pasa por diante da casa do Poeta e remata no punto de partida. Son 8 km de ruta por sendeiros e algún tramo de asfalto ó longo do cal @s alumn@s foron lendo os poemas que están situados na rota e observando as distintas plantas presentes no percorrido.

 

De volta ó instituto coñeceron o pregue xeolóxico de Campodola e remataron na praia fluvial de Ribas do Sil ás 16.45h.

A Actividade foi realizada en colaboración cos Departamentos de Educación física, Normalización Linguística e Artes Plásticas. Os profesores acompañantes foron Manuel Lozano, Anxo Alvaredo e Carlos Parada.

Facendo click nalgunha das imaxes accédese a unha pequena galería de fotos da actividade.

Charla sobre Primeiros Auxilios para o alumnado de 4º de ESO

O martes 23 de  maio o Departamento de Educación Física organizou una charla sobre primeiros auxilios. Foi impartida por Antonio Rodríguez Rivera, médico de urxencias do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e dirixida a alumnado de 4º ESO.

Picando na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da conferencia:

Vídeo de Musiqueando

A continuación podedes contemplar diferentes actuacións do noso alumnado o día de Musiqueando na rúa. A pesares de que foi unha xornada moi ventosa e de ser a primeira vez que nos estrenamos nesta actividade, non quedou nada mal. Hai que darlle as grazas a profesora de música, Eva Dios, organizadora deste acto, e ao profesor de tecnoloxía, Iván Capón, pola filmación e montaxe do seguinte vídeo-resumo:

 

Actuación dos "Xograres de Lemos"

O martes, día 16 de maio, dentro dos actos para a celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar no Salón de Actos a actuación da agrupación musical "Os Xograres de Lemos", que deleitaron ao alumnado e ao profesorado do centro coa interpretación dun reportorio variado de música popular galega. A actuación tivo unha duración dunha hora e foi unha experiencia emocionante e participativa para o público asistente.

Xograres de Lemos é unha agrupación musical que comezóu a súa andaina en decembro de 2013 baixo a dirección de María Teresa Fernández Conde e Beatriz Vázquez López, coa intención de rescatar do olvido os cantos antergos da comarca de Lemos e da comunidade Galega engadindo ademáis temas de composición propia. Hoxe conta con máis de 50 integrantes, homes e mulleres que van desde os catro anos en adiante, cunha gran capacidade de conectar con públicos de todas as idades e procedencias.

Distribuir contido