Curso 2016/17

Curso 2016/17

Excursión na procura de cogomelos

A actividade consistiu nunha visita á Granxa Escola de Barreiros. En primeiro lugar os alumnos/as de 1º ESO e 2º PMAR disfrutaron dun almorzo no comedor. De seguido sairon á zona aberta da granxa para facer unha ruta guiada polo campo, en busca de cogomelos propios dos montes galegos. Puideron así observar exemplares de diversas especies, aprendendo as técnicas e precaucións que se deben adoptar á hora de seren recolectados. Rematada a camiñata dunha hora, entraron á aula de proxección para asistir a unha charla audiovisual sobre os tipos de cogomelos, anatomía dos mesmos e as súas aplicacións máis destacables. Finalmente, na aula obradoiro, traballaron en grupos para identificar diversas especies empregando varias claves dicotómicas.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da excursión:

Excursión á Ópera - A Coruña

O venres, 2 de decembro,  alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC desprazouse á cidade de A Coruña para asistir ao concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, El Mesías de Haendel, un dos oratorios máis famosos da historia da música, que tivo lugar no Palacio da Ópera. Foi unha experiencia única grazas a que 370 cantantes pertencentes a agrupacións corales formaron parte deste concerto participativo desde as zonas de butacas, co cal os espectadores estaban rodeados de música.

Aproveitando a visita á dita cidade, foron pola mañá ao Museo de Belas Artes, admirando a  exposición de Sorolla, Bosquexos para a serie Visión de España, e visitando  a exposición permanente do museo.

Pola tarde, visitaron o Museo de Arte Contemporáneo, as obras da 14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa, e a exposición de Juan Luis Moraza, Trabajo Absoluto.

Excursión ao teatro en francés do alumnado de 2 ESO

O alumnado de 2 ESO asistiu o mércores 30 de novembro a unha representación teatral en francés no Teatro Principal de Ourense, onde puideron contemplar a obra “Le petit prince”, adaptación da coñecedísima obra de Antoine de Saint-Exupéryinterpretada pola compañía Eina d’Escola.

Tamén aproveitaron a viaxe para visitar dúas exposicións no Centro Cultural Marcos Valcarcel:

-          - Exposición: Experimenta 10+1 ( 10+1 dialécticas experimentais coa cor, forma, luz, e materia.

-          - Exposición de Lola Figueiras "Poemas Visuais".

E ademais, tiveron tempo para visitar o centro comercial “Ponte Vella”, almorzar, facer algunhas compras e regresar a Monforte de Lemos ás 17 horas da tarde. Facendo click na seguinte imaxe se accede a unha pequena galería de fotos da actividade:

Santa Cecilia 2016

O 22 de Novembro é o Día Internacional do músico, data que recorda a Santa Cecilia, a súa patroa. Nesta data réndeselle homenaxe aos máis grandes xenios da música e a quen dedican a súa vida a esta arte. Os alumnos músicos do IES Río Cabe tamén quixeron manifestarse interpretando distintas pezas musicais con instrumentos como o piano, violines, guitarra, panderetas e gaitas, e como non coa voz. Agradecemos a todos a súa participación e desexámoslles que sigan gozando desta arte.

"Os mellores músicos ou artistas son xente que nunca se consideran músicos ou artistas". Richard D. James.

Charla para as familias do alumnado

O 18 de novembro, ás 18:00 horas, tivo lugar no Salón de Actos do centro unha charla dirixida ás familias do alumnado, co título "Rapaces comprendidos, rapaces felices" e impartida por Diana Rodríguez Salgado, psicóloga, especialista en desenvolvemento persoal-profesional, intelixencia emocional e experta en Neurobiofeedback.  Na charla tratamos os seguintes temas: neuroarquitectura emocional do rapaz, disciplina positiva e respecto, autonomía e desenvolvemento emocional, programación neurolingüística e educar dende a imaxinación.

A continuación deixamos dúas imaxes da conferencia:

Xantar de convivecnia para o alumnado de 1º de Bacharelato

O xoves 20 de outubro, organizamos un xantar de convivencia na cafetería "Le Club" do Club Fluvial de Monforte e dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato, así como ao profesorado que imparte docencia no centro. Todos puidemos degustar diferentes pizzas, croquetas.... e de postre as famosas larpeiras de Monforte.

 

Distribuir contido