Curso 2016/17

Curso 2016/17

Excursión ao teatro grego en Ourense

Os alumnos de ESO e Bacharelato da materia de Latín asistiron o xoves 16 de marzo á representación en Ourense, organizada pola Sociedade de Estudos Clásicos,  de dúas obras de teatro clásico: a traxedia grega de Eurípides  “Hécuba”  e a comedia latina de Plauto “Pseudolus”. Tamén visitaron o Centro de Interpretación das Burgas e realizaron un percorrido cultural polo centro histórico ourensán.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da excursión:

O alumnado de 1º ESO practicando clases de baile

O alumnado de 1º de ESO disfrutou dun obradoiro de baile con Manuel Roldán Navas, músico e coreógrafo asturiano, que actualmente imparte clases na Escola Municipal de Música e Danza do concello de Monforte de Lemos.

 

V Rally científico e matemático sen fronteiras

O martes 14 de marzo dous grupos de alumnos de 3º ESO e un de 4º ESO participaron no V Rally Matemático sen fronteiras que terá a superfinal en Toulouse no mes de maio.

Durante unha hora reuníronse en dúas aulas do centro os tres grupos de alumnos/as, cada un deles, para intentar solucionar o mellor posible os 5 exercicios da materia de matemáticas propostos polos organizadores do concurso.

Xóvenes talentos de relato curto en 2º ESO

Un grupo de 5 alumnos de 2º da ESO participou o pasado venres 10 de marzo na 9ª edición do Concurso Coca-Cola novos talentos, acompañados pola súa profesora de lingua galega, Isabel Paños. Este premio de relato curto leva convocándose en lingua castelá dende 1961 ininterrompidamente, e este é o 9º ano de andaina para o galego e o 1º para o alumnado do IES Río Cabe. Participaron os seguintes alumnos/as: Sabela Cortés Arnaiz, Nerea Elidio Guitián, Breixo Fernández Le Yondre, Nina González López e Nicolás Nieto Díaz.

 

Parabén a tod@s e moita sorte cos resultados!!!

 

 

Parlamento Xove 2017 - Bacharelato

Catro alumnos de 1º de BAC asistiron o 10 e 11 de marzo a Culleredo, para participar na presente edición do Parlamento Xove.

Esta competición ten por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potencia habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

A cuestión é debater sobre un tema formulado pola organización, que neste curso levaba como título “As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?”.

A dificultade da actividade está en que uns segundos antes de cada debate dialéctico entre 2 equipos, procédese ao sorteo da postura a adoptar por cada un deles, “a favor” ou “en contra”. Hai que resaltar que nesta ocasión o sorteo non lle deparou moita sorte ao noso alumnado, xa que nos 3 débates nos que lles tocou participar tiveron que defender a posición "a favor" en todos eles.

Dámoslle a máis grande enhoraboa a Samuel Cagigao, Patricia García, Lucas López e Brenda Martínez,  polo esforzo realizado e o gran papel que fixeron defendendo postura "a favor" que lles tocou sempre en sorte e conseguir acabar no posto undécimo entre os 24 equipos galegos que participaron nesta fase clasificatoria; gañando 2 debates e perdendo unicamente un deles.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

 

Grupo de alumnado e profesorado participante nesta oitava edición do Parlamento Xove na modalidade de Bacharelato:

Conferencia sobre modelado 3D de obxectos reais por escolares

Juan Ortiz Sanz, profesor da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Santiago de Compostela, impartiu no día de hoxe unha charla sobre a elaboración de modelos 3D de obxectos reais, que son figuras virtuais tridimensionais, a escala, que representan fielmente a realidade e que se empregan en multitude de campos (medicina, veterinaria, urbanismo, arquitectura, moda, automoción, aeroespacial, motos, videoxogos, deportes, conservación do patrimonio, accesibilidade e moitos máis).

Impresionante foi a fotografía en 3D que nos fixo co seu móbil e seguidamente tivemos a oportunidade de visualizar. Falounos das ferramentas gratuitas que existen na actualidade para modelado 3D a partir de fotos tomadas con calqueira móvil/tablet, o que permite xa a calquera persoa modelar en 3D o que desexe.

Esta conferencia enmárcase dentro das visitas e charlas temáticas organizadas pola USC dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade"

Parlamento Xove 2017 - ESO

Catro alumnos de 4º de ESO asistiron o 3 e 4 de marzo a Culleredo, para participar na presente edición do Parlamento Xove.

Esta competición ten por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potencia habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

A cuestión é debater sobre un tema formulado pola organización, que neste curso levaba como título “En España a idade legal para comprar alcohol é 18 anos. ¿Variar este límite influirá nos hábitos de consumo de alcohol entre a xuventude?”.

A dificultade da actividade está en que uns segundos antes de cada debate dialéctico entre 2 equipos, procédese ao sorteo da postura a adoptar por cada un deles, “a favor” ou “en contra”.

Dámoslle a máis grande enhoraboa a Belén Mora, Alex Parada, Ariana Pérez e María Préstamo polo esforzo realizado e o gran papel que fixeron defendendo as posturas que lles tocaron en sorte e conseguir acabar no posto undécimo entre os 24 equipos galegos que participaron nesta fase clasificatoria.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Alumnado galego participante nesta fase do certame de oratoria "Parlamento Xove":

Festa de Entroido 2017

O día 24 de febreiro tivo lugar no salón de actos do Instituto a cuarta edición do concurso de disfraces de entroido. No presente curso, cada clase preparou unha coreografía e posta en escena do tema que previo sorteo lle foi asignado e relacionado co cine (indios e vaqueros, grease, disney, harry potter, pitufos....) e así foron desfilando polo salón de actos, bailando e interpretando todo o alumnado e profesorado nun ambiente de festa e diversión.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a algunhas fotos do desfile de disfraces:

Excursión do alumnado de 2º de Bacharelato a enclaves da minería romana

O alumnado de Latín e Xeografía de 2º de Bacharelato do IES Río Cabe, acompañados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo e os profesores de ditas materias visitaron o luns 20 de febreiro enclaves significativos da minería romana na zona.

A visita comezou polo cauce do río Lor, na aldea de Margaride, para  ver logo os depósitos de áridos (medos) e covas  de explotación en Quiroga  e chegar ó túnel de Montefurado excavado en roca viva polos romanos e por onde hoxe discurre o río Sil. Xa de volta, tiveron tempo de disfrutar do fermoso enclave do castelo de Torre Novaes e subir ó mirador xeolóxico de Campodola, lugares todos eles que figuran no proxecto do xeoparque  “Caurel Mountains” nos concellos de Caurel, Quiroga e Ribas do Sil.

Cal ti es, así me dis

O luns 20 de febreiro o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de disfrutar da charla impartida por María Álvarez de la Granja, profesora do Departamento de Lingua Galega da Universidade de Santiago, sobre a idiosincrasia e universalidade na fraseoloxía galega
 
O título da mesma xa o di todo, "Cal ti es, así me dis". Cando estudamos a fraseoloxía das linguas e, en particular do galego, descubrimos tanto a súa idiosincrasia como a súa universalidade, atopamos tanto referentes específicos de Galicia como imaxes comúns a outras sociedades e culturas. Nesta charla María Álvarez amosou ao alumnado esta dualidade a través da presentación de diferentes refráns, fórmulas e locucións galegas que reflicten a nosa maneira de ser e de estar no mundo.
 
Como soemos dicir os galegos “malo será” que non teñamos aprendido moitas cousas novas despois de escoitar esta charla, que se enmarca dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.

Distribuir contido